Longa Marcha 11

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Longa Marcha 11 / Chang Zheng-11 (CZ-11)
Función Lanzador espacial lixeiro
Fabricante CALT
Tamaño
Altura 20,8 m
Diámetro 2,0 m
Masa 58.000 kg
Etapas 4
Capacidade
Carga útil a LEO 700 kg
Carga a
Órbita heliosincrónica
350 kg
Foguetes asociados
Familia Longa Marcha
Historia de lanzamentos
Estado Operativo
Sitios de lanzamento Centro de lanzamento de Jiuquan
Total de lanzamentos 4
Éxitos 4
Fallos 0
Voo inaugural 25 de setembro de 2015

Longa Marcha 11 (Chang Zheng 11 en pinyin, abreviadamente CZ-11) é o nome dun modelo da familia de foguetes Longa Marcha.

Características[editar | editar a fonte]

O Longa Marcha 11 é un foguete propulsado por propelente sólido, de pequeno tamano e pensado para poder ser despregado con rapidez. Foi desenvolvido polo CALT co obxectivo de dispoñer dun lanzador sinxelo e barato de operar e que poida permanecer almacenado longos períodos de tempo ata que se o necesite. Está composto por catro etapas, todas de propelente sólido. Barállase a posibilidade de que se desenvolvera a partir do mísil DF-31, e como tal lánzase desde un tubo montado no remolque dun transporte móbil. Pode usar cofias de 1,6 e 2,0 m de diámetro e é capaz de poñer en órbita ata 700 kg de carga nunha órbita baixa e 350 kg nunha órbita heliosincrónica. Foi lanzado con éxito por primeira vez o 25 de setembro de 2015.


Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Voo Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas
1 25 de setembro de 2015 Centro de lanzamento de Jiuquan Pujian 1 / Shangkeda 2 / NJUST 2 / NJFA 1 Éxito Primeiro voo dun CZ-11.
2 9 de novembro de 2016 Centro de lanzamento de Jiuquan XPNAV 1 / Xiaoxiang 1 / Lishui 1-01 / Pina-2 01 / Pina-2 02 / CAS 2T e KS 1Q Éxito
3 19 de xaneiro de 2018 Centro de lanzamento de Jiuquan Jilin-1 Video-07 / Jilin-1 Video-08 / TY 2 / TY 6 / KIPP / Zhou Enlai Éxito
4 26 de abril de 2018 Centro de lanzamento de Jiuquan OVS 2A / OHS 2A / OHS 2B / OHS 2C / OHS 2D Éxito
5 21 de decembro de 2018 Centro de lanzamento de Jiuquan Hongyun 1 Éxito
6 21 de xaneiro de 2019 Centro de lanzamento de Jiuquan Jilin-1 Hyperspectral 1 / Jilin-1 Hyperspectral 2 Éxito
7 21 de xaneiro de 2019 Centro de lanzamento de Jiuquan Jilin-1 Hyperspectral 1 / Jilin-1 Hyperspectral 2 Éxito
8 5 de xuño de 2019 Buque oceánico Jilin-1 High Resolution 03A / Xiaoxiang 1-04 / Bufeng 1A / Bufeng 1B / Tianqi 3 / Tianxiang 1 / Tianxiang 2 Éxito Primeiro lanzamento desde un buque dun CZ-11.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Mark Wade (2018). "Chang Zheng 11" (en inglés). Consultado o 7 de outubro de 2018. 
  • Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "CZ-11 (Chang Zheng-11)" (en inglés). Consultado o 7 de outubro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]