Loktudi
Loktudi | ||
---|---|---|
Loctudy | ||
| ||
Estado | no n/d | |
Capital | n/d | |
• Poboación | n/d | |
Linguas oficiais | n/d | |
Joël Piété (diversos de esquerda) desde 2001 (2008-2014) | ||
• Total | n/d | |
• % auga | n/d | |
• Total (2008) | 4161 hab. | |
• Densidade | n/d | |
Xentilicio | Loctudistes (en francés) | |
Fuso horario | n/d | |
• Horario de verán | CEST (UTC +2) | |
Código ISO | n/d | |
Loctudy, en bretón Loktudi, é unha cidade e comuna francesa, situada na rexión da Bretaña, departamento de Finisterre, no distrito de Quimper e no cantón de Guilvinec.
Demografía[editar | editar a fonte]
Ano | 1962 | 1968 | 1975 | 1982 | 1990 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|
Poboación | 3238 | 3410 | 3544 | 3560 | 3622 | 4161 |
Toponimia[editar | editar a fonte]
O nome provén de lok que significa lugar santo ou consagrado e de Tudy, do nome do santo fundador da primeira comunidade cristiá local do século V. Propúxose a equivalencia entre Saint Tudy e Saint Tugdual. O topónimo coincide en francés e bretón (Loctudy e Loktudi) pero as letras "c" e "y" non existen nesta lingua.
Herba da Pampa, especie invasora en Bretaña e na Galiza, crecendo nun espazo natural preto de Tréguido.
A senda de longo percorrido GR34 no alto da duna que bordea a praia de Sables Blancs; ao fondo Lesconil.
O pólder de Ster Kerdour (antiga marisma) e unha lagoa (conca da lagoa que recibe auga de drenaxe).
Irmandamento[editar | editar a fonte]
O concello de Loktudi está irmandado desde 2018 con Ribadeo[1], que é un dos vinte e un concellos galegos irmandados con localidades bretoas[2] (hai máis localidades bretoas, xa que Cambados está irmandado con seis localidades da baía do Mont-Saint-Michel[3]). Constituiuse tamén a Asociación de Amizade Ribadeo-Loctudy[4].
Loktudi tamén está irmandado con Fishguard-Goodwick en Pembrokeshire, País de Gales[5].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Ribadeo (Galice)". Loctudy (en francés). Consultado o 2022-06-30.
- ↑ Jct (2012-03-04). "Amigos de la Cultura Celta: Hermanamientos entre Galicia y Bretaña". Amigos de la Cultura Celta (en castelán). Consultado o 2022-06-30.
- ↑ "Cambados se va de intercambio". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-01-17. Consultado o 2022-06-30.
- ↑ asociacionescritoras-es. "Asociación de Irmandade Ribadeo-Loctudy ; Axenda cultural AELG::". Consultado o 2022-06-30.
- ↑ "Fishguard-Goodwick (Pays de Galles)". Loctudy (en francés). Consultado o 2022-06-30.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Loktudi ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- INSEE
- Eleccións municipais de 2008 Arquivado 12 de marzo de 2008 en Wayback Machine.