Saltar ao contido

Listeriose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Listeriose
Microfotografía electrónica de Listeria monocytogenes
Instancia dedoenza infecciosa e clase de doenza Editar o valor en Wikidata
Subclase dedoenza bacteriana primaria, doenza bacteriana, geonosis (en) Traducir, primary Listeriaceae infectious disease (en) Traducir e doenza Editar o valor en Wikidata
EpónimoListeria e Joseph Lister Editar o valor en Wikidata
Causado porListeria, Listeria monocytogenes, Listeria grayi e Listeria ivanovii Editar o valor en Wikidata
Síntomasfebre, envelenamento, náusea, vómito, diarrea, blood in stool (en) Traducir, Amigdalite, adenopatía, Hepatomegalia, Esplenomegalia, conxuntivite, meninxite, meningoencefalite (pt) Traducir, Encefalite, arachnoiditis (en) Traducir, ptose (pt) Traducir, Anisocoria, estrabismo, sepse e aborto Editar o valor en Wikidata
Especialidade médicainfectoloxía, xinecoloxía e obstetricia, neonatologia (pt) Traducir e medicina fetal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Exames médicosexame médico, hemograma, microscopia óptica, Reacción en cadea da polimerase, ELISA e cultivo microbiolóxico Editar o valor en Wikidata
Proceso de transmisiónplacental transmission (en) Traducir, transmisión por contacto, transmisión aérea, transmisión fecal-oral e infección nosocomial Editar o valor en Wikidata
Identificadores
MeSHD008088 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC82994 Editar o valor en Wikidata
WordLiftdata.medicalrecords.com… Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB7503
ICD-10A32
ICD-9027.0
MedlinePlus001380
eMedicinemed/1312 1319
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Wikidata ] C:Commons ]

A listeriose é unha denominación xenérica dun grupo de enfermidades de orixe alimentaria causadas por distintas especies do xénero Listeria, sendo a L. monocytogenes a máis frecuente e característica.

Etioloxía

[editar | editar a fonte]

As listerias son bacterias grampositivas, flaxeladas, anaerobias facultativas. A L. monocytogenes está presente no aparato dixestivo humano e non se valorou suficientemente a súa patoxenicidade ata finais do século XX. Tamén está presente habitualmente no medio ambiente (home e animais domésticos e silvestres, auga, vexetais e no chan).

Unha particularidade da Listeria que a fai especialmente perigosa é a súa capacidade de crecer a baixas temperaturas (4-6 °C), polo que non é inhibida polos sistemas de conservación habituais nos alimentos: sobrevive e multiplícase sen problemas a temperaturas de refrixeración. Polo contrario, os tratamentos térmicos culinarios ou na elaboración de conservas destrúen a bacteria.

Patoxenia

[editar | editar a fonte]

A transmisión prodúcese por contaminación fecal dos alimentos ou dos útiles e superficies empregados na manipulación dos alimentos. Crece tamén nas superficies máis agochadas das máquinas utilizadas na industria alimentaria, nas paredes e esquinas das cámaras de conservación e nos canos de condución de auga.

Entre os alimentos potencialmente susceptibles de estar contaminados por listerias destacan o leite e os produtos lácteos, os peixes e mariscos, as aves de curral (e ovos e derivados), as hortalizas e as verduras.

O consumo de calquera destes alimentos en cru ou tras un cociñado lixeiro, é dicir, sen un tratamento térmico suficiente (superior a 65 °C) contribúe á difusión da enfermidade. É o caso dos queixos frescos, os patés ou o peixe cru. Outro factor predispoñente é a limpeza inadecuada dos produtos vexetais.

Cadro clínico

[editar | editar a fonte]

A listeriose ten un período de incubación moi irregular, desde unha a varias semanas. A enfermidade maniféstase con febre, dores musculares e, ocasionalmente, náuseas e diarrea. Existe unha forma nerviosa que cursa con cefalea, confusión, alteracións motoras e perda do equilibrio.

No caso das mulleres embarazadas adquire unha especial perigosidade xa que, aínda que elas manifestan normalmente síntomas semellantes ós dunha gripe, a infección do feto pode causar malformacións, un parto prematuro ou a morte do neonato.

A mortalidade global por causa da listeriose en adultos estímase entre o 33 e o 62%.

En 2011 diagnosticáronse 115 casos en España [1].

  1. Centro Nacional de Epidemiología. Instituto de Salud Carlos III: Resultados de la vigilancia epidemiológica de las enfermedades transmisibles. Informe anual 2011. Madrid 2013 .

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]