Alcaldes de Ferrol
O alcalde de Ferrol é a máxima autoridade política do Concello de Ferrol. De acordo coa "Lei Orgánica 5/1985", de 19 de xuño, do "Réxime Electoral Xeral" (actualmente en vigor) o alcalde é elixido pola corporación municipal de concelleiros, que á súa vez son elixidos por sufraxio universal polos cidadáns e cidadás de Ferrol con dereito a voto, mediante eleccións municipais celebradas cada catro anos. Na mesma sesión de constitución da corporación procédese á elección do alcalde, podendo ser candidatos todos os concelleiros que encabezan as correspondentes listas. É proclamado electo o candidato que obtén a maioría absoluta dos votos. Se ningún deles obtén esta maioría é proclamado alcalde o concelleiro que encabeza a lista máis votada.
A actual corporación municipal ferrolá está composta por 25 concelleiros e o alcalde da cidade, desde o 15 de xuño de 2019 é Ángel Mato do PSdeG-PSOE, quen resultando o segundo candidato máis votado nas urnas, accedeu á alcaldía ao contar co apoio na investidura dos seus 8 concelleiros, 3 de Ferrol en Común e 2 do BNG.
Lista de alcaldes de Ferrol durante o período democrático
[editar | editar a fonte]Esta é a lista de alcaldes da cidade desde a celebración das eleccións municipais españolas de 1979 até a actualidade: