Jorge Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jorge Suárez
Jorge Suárez-Praza Publica.jpg
Jorge Suárez
Escudo de Ferrol.svg
Alcalde de Ferrol
Período 2015-actualidade
Antecesor José Manuel Rey Varela
Datos persoais
Nacemento 27 de decembro de 1975 (42 anos)
Lugar Vigo
Organización Ferrol en Común
Profesión Funcionario, político

Jorge Juan Suárez Fernández, nado en Vigo o 27 de decembro de 1975, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Vigo, é o quinto de oito irmáns[1]. A súa familia marchou de Ferrol pola crise do naval en 1973 cando seu pai que traballara en Astano marchara a buscar traballo en Vulcano.[2] Está casado cunha ferrolana e ten dous rapaces. Volveu a Ferrol en 2009, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.

Foi coordinador da área de Traballo, Economía e Social de Esquerda Unida en Ferrol, funcionario xudicial en varias cidades de España ata que foi destinado ao Ministerio de Justicia adscrito á Fiscalía de Menores da Coruña e delegado sindical de CCOO.

Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura de Ferrol en Común e foi elixido alcalde co apoio de PSdeG-PSOE e BNG.

Defínese como un home de paz que reivindica os seus ideais comunistas dende o respecto nun estado laico. Declarou que non financiaría con cartos do Concello a semana santa ferrolá. Unha das súa primeiras decisións foi baixar o soldo do alcalde por baixo dos 40 000 euros.

Recibe múltiples críticas polo seu xeito descuidado e informal no seu vestir, tanto de xeito privado como en actos oficiais[3].



Predecesor:
José Manuel Rey Varela
 Escudo de Ferrol.svg
Alcalde de Ferrol
 
2015 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jorge Suárez, de Ferrol en Común, alcalde de Ferrol para que "impere la justicia social"". elcorregogallego.es. Consultado o 13-12-2017. 
  2. "Jorge Suárez «on the road», un día con el candidato de Ferrol en Común". ferrol360.es. Consultado o 13-12-2017. 
  3. Soler Montagud, Alberto (19-09-2015). "La andrajosa estética del alcalde de Ferrol". nuevatribuna.es. Consultado o 14-12-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]