Xosé Manuel Rey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Manuel Rey Varela»)
Infotaula de personaXosé Manuel Rey
Nome orixinal(es) José Manuel Rey Varela Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de decembro de 1975 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Xosé Manuel Rey Varela,[1] ou José Manuel Rey Varela,[2] nado en Ferrol o 31 de decembro de 1975, é un avogado e político galego, que foi alcalde de Ferrol entre 2011 e 2015.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato no IES Sofía Casanova de Ferrol, e posteriormente dereito na universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou. En paralelo á súa vida universitaria desenvolveu carreira política, afiliándose ao Partido Popular. Como representante da organización de mocidades neste partido, Novas Xeracións, accede ao posto de tesoureiro do Consello da Xuventude de Galicia.

En 2002 entrou como concelleiro en Ferrol grazas a unha substitución. Ao ano seguinte celebráronse eleccións municipais, e saíu elixido concelleiro polo Partido Popular. O alcalde, o tamén popular Juan Juncal, encargoulle as áreas de Facenda, Patrimonio, Emprego e Mocidade. En 2007 saíu reelixido concelleiro, se ben a súa formación pasou á oposición, e en 2011 converteuse no cabeza de lista dos populares. Nesa posición conseguiu vencer as eleccións, con 14.974 votos (43,74 %) e 13 concelleiros, o que lle deu a maioría absoluta por un concelleiro.

Tamén é presidente do Partido Popular de Ferrol e vicesecretario xeral do Partido Popular de Galicia no equipo de Alberto Núñez Feijóo. En novembro de 2011 foi elixido presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias. En outubro de 2015 foi nomeado Conselleiro de Política Social.[3]

Nas eleccións municipais de 2023 presentouse candidato á alcaldía de Ferrol e conseguiu a maioría absoluta[4] e, pouco despois, tralas eleccións xerais do 23 de xullo de 2023, foi nomeado senador de designación autonómica.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Xosé Manuel Rey Varela, conselleiro de Política Social". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2017. Consultado o 25 de maio de 2017. 
  2. "Biografía". Xunta de Galicia. 27 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2017. Consultado o 25 de maio de 2017. 
  3. Núñez Feijóo destitúe a Rocío Mosquera nunha ampla reestruturación do seu Goberno, Praza Pública, 4 de outubro de 2015.
  4. Pita Parada, Rocío (19 de xuño de 2023). "Rey Varela, alcalde de Ferrol: «Este mandato no es la segunda parte de nada, es un nuevo comienzo»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 28 de xullo de 2023. 
  5. G., X. (28 de xullo de 2023). "El Parlamento elige a José Manuel Baltar, José Manuel Rey y Carme da Silva senadores por designación autonómica". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 28 de xullo de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Vicente Irisarri
 
Alcalde de Ferrol
 
2011 - 2015
Sucesor:
Jorge Suárez Fernández
Predecesor:
Carlos Fernández Castro
 Presidente da Fegamp 
2011 - 2015
Sucesor:
Alfredo García
Predecesor:
Rocío Mosquera
 
Conselleiro de Política Social
 
2015 - 2018
Sucesor:
Fabiola García Martínez
Predecesor:
Ángel Mato
 
Alcalde de Ferrol
 
2023 -
Sucesor:
no cargo