Ángel Mato
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 31 de decembro de 1970 Ferrol, España |
| xuño de 2019 – 2023 ← Jorge Suárez – Xosé Manuel Rey → | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Política |
| Ocupación | político |
| Partido político | Partido Socialista Obreiro Español |
Ángel Manuel Mato Escalona, nado en 1971 en Ferrol, é un político galego, alcalde de Ferrol entre 2019 e 2023.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en ciencias químicas pola Universidade de Santiago de Compostela e foi xefe de seguridade e prevención de riscos laborais en varias empresas privadas. Militante do PSdeG, foi concelleiro de Urbanismo de Ferrol entre 2007 e 2011 e senador de 2016 a 2019.
Nas eleccións municipais de 2019 foi candidato á alcaldía ferrolá polo PSdeG.[1] O seu partido foi a segunda forza máis votada, con 8 concelleiros, 3 máis que na anterior lexislatura e por detrás do PPdeG que obtivo 12. Non obstante, Ángel Mato foi investido alcalde de Ferrol o 15 de xuño de 2019 grazas ao apoio dos tres concelleiros de Ferrol en Común e os dous do BNG.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]
| Predecesor: Jorge Suárez |
Alcalde de Ferrol 2019 - 2023 |
Sucesor: Xosé Manuel Rey |