Conversa:Lista de reis suevos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Inicio esta páxina agardando que colaboredes nela --Alyssalover 19:55, 25 Jun 2004 (UTC)

Home, non hai unha tradición historiográfica galega e en galego con continuidade desde a época así que tanto a denominación Miro como Mirón son alternas e cos datos que teño non poderíamos descartar ningunha nin afirmar a maior galeguidade da outra denominación. Posiblemente, por minorizada a segunda fose a denominación galega. Pero sería como tirar os dados, mui pouco científico. Porén, recoñezo que a que engadín non é a forma máis frecuente. Por iso está posto en segundo plano. Turonio


"Listaxe", mellor que lista[editar a fonte]

Propoño esta mudanza léxica.

Miro / Mirón[editar a fonte]

O nome Miro aprece en obras como O reino medieval de Galicia de Anselmo López Carreira. O problema vén dado porque o antropónimo na súa forma latinizada é Miro Mironis, de onde debería provir unha forma galega Mirón. Coido que a forma Miro non é maís que a transposición simple do nominativo latino.--Servando2 (Dime) 16:02, 28 xaneiro 2008 (UTC)

Amalarico[editar a fonte]

Considero que a lista de reis suevos deve ser acrescentada com o nome de Amalarico. Depois da conquista do reino por Leovigildo, este nobre não a aceitou e reunindo um exército foi proclamado rei. As suas tropas foram derrotadas pelas de Leovigildo.

Eu de historia sei o xustiño, así que só podo dicir que concordaría contigo se ofreceses algunha fonte da que eu puidese confirmar que é certo o que dis. Cómpre referenciar sempre. --Xoacas(Góstache o pemento?) 13:40, 19 febreiro 2010 (UTC)
Témo-lo artigo de Malarico. O caso é que o pretendente ó trono non chegou a reinar, e oi derrotado ó ano seguinte da morte de Andeca. Supoño que se pode facer referencia a que pretendeu o trono, mais non foi rei. --Alberte Si, dígame? 14:35, 19 febreiro 2010 (UTC)

Confusión Aguiúlfo/Frantán[editar a fonte]

Aguiúlfo domina a parte sur e Frantán a norte, non ao revés.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 37.134.95.77 (conversacontribucións) 6 de febreiro de 2017 ás 13:11‎

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de setembro de 2019 ás 04:05 (UTC)[responder]