Liska!
Liska! | |
---|---|
Orixe | Vigo, ![]() |
Período | 2010 - actualidade |
Xénero(s) | ska-punk-reggae |
Membros | Paulo, Manolo, Diego, Chanquete, Martín, Paula, Alba, Álex |
Antigos membros | Brais Jorge, Luís, Soto, Iago, Fabio |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() |
Liska! é un grupo de ska-punk-reggae en activo[1] fundado en Vigo a finais do 2010.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Liska! comezou a ensaiar en outubro de 2010. Neses primeiros momentos sumáronse músicos ata conformar a primeira formación: Luís (guitarra e voz), Juan "Chanquete" (batería), Brais Jorge (guitarra e voz), Álex (saxofón), Martín (teclado e órgano Hammond), Soto (baixo), Iago (trompeta) e Fabio (trompeta).
Debutaron o 6 de agosto de 2011 en Vigo con motivo dos Castroconcertos xunto a Ovos Podres[2]. Tempo despois incorporouse ó grupo Paulo, na voz e nas letras. Fixeron algúns concertos iniciais na zona de Vigo.
O 2012 houbo unha ampla renovación dos membros da banda, con xente que marchou e xente que entrou, entre eles unha forte sección de ventos e unha sección rítmica[Cómpre referencia].
Entre as súas influencias[Cómpre referencia] están grupos clásicos do two-tone e ska-reggae como Madness, The Specials, The Skatalites, Bad Manners, Mr Review, The Selecter ou Toot and The Maytals; grupos do Rock radical vasco como Kortatu, La Polla ou Eskorbuto, e outros grupos máis actuais como Skarnio, Skalariak, Xenreira, Dakidarría, Transilvanians, Skacha, Banda Bassotti, Talco, Salida Nula, Reel Big Fish, Obrint Pas ou Diplomáticos de Monte-Alto.
Membros[editar | editar a fonte]
- Paulo, voz.
- Pendi, batería.
- Jana, teclado e hammond e voces.
- Diego Falque, baixo.
- Manolo, guitarra.
- Álex, saxo tenor.
- Alba, saxo alto e coros.
- Paula, trombón e coros.
- Sotelino, trompeta.
Discografía[3][editar | editar a fonte]
- Sonhos da raiva (2013)
- República 1.0 (2017)
- República 2.0 (2020)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría. |