Saltar ao contido

Talco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Talco
Talco masivo
Fórmula químicaMg3Si4O10(OH)2
ClaseSilicatos
SubclaseFilosilicatos
Sistema cristalinoMonoclínico
CorBranca, gris, amarela, vermella, parda e verdosa
BrilloDe anacarado a graxo
Dureza1
FracturaIrregular ou concoide
ExfoliaciónPerfecta, en láminas
RaiaBranca
Densidade2,7-2,8 g/cm3
Talco cristais.

O talco ou esteatita (do árabe tal q) é un mineral da clase dos silicatos cuxa fórmula química é Mg3Si4O10(OH)2 e que cristaliza no sistema monoclínico. Ráiase facilmente coa unlla, por iso na Escala de Mohs tómase coma patrón da menor dureza posible.

Aínda que a súa cor pode variar pola presenza de impurezas, e típico que o talco apareza coa súa cor branca de forma masiva. Este mineral raras veces aparece en cristais ben formados.

Lugares onde se atopa

[editar | editar a fonte]

Fórmase pola metamorfose de silicatos de magnesio como a olivina ou o anfíbole.

Os principais explotadores de talco son Estados Unidos, China e Europa de onde proceden máis de dous terzos da produción mundial.

Usos do talco

[editar | editar a fonte]

O talco utilízase en diversas aplicacións. En forma de po utilízase como recheo na fabricación do papel e cartolinas, para lacas e pinturas, na industria cerámica (é un bo aditivo de gomas e plásticos) e no mundo da cosmética.

Pola súa resistencia ás elevadas temperaturas utilízase na fabricación de materiais termorresistentes.

Utilízase incluso coma aditivo na industria alimentaria (E553b).

Outros silicatos

[editar | editar a fonte]

Outros silicatos importantes son:

A olivina, o cuarzo e as micas.