Lisa Randall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLisa Randall

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1962 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Queens, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMassachusetts Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard - Doutor en filosofía (–1987)
Stuyvesant High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseHoward Georgi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica de partículas, Física teórica e cosmoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , físico teórico , profesora universitaria , física Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Princeton
Universidade de California en Berkeley
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Universidade Harvard
Laboratorio nacional de Lawrence Berkeley Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoCsaba Csáki (pt) Traducir, Witold Skiba (en) Traducir, Shufang Su (en) Traducir e Matthew D Schwartz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsDana Randall (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1578283 Twitter: lirarandall Editar o valor em Wikidata

Lisa Randall, nada en Nova York o 18 de xuño de 1962, é unha física teórica estadounidense, especializada na física de partículas e cosmoloxía. Traballou en varios dos modelos de teoría de cordas que tratan de explicar o funcionamento íntimo do universo. A súa achega máis coñecida neste eido é o modelo de Randall-Sundrum ou modelo RS publicado en 1999 xunto con Raman Sundrum.[1] Foi a primeira muller en ocupar un posto no departamento de física da Universidade de Princeton e a primeira muller Física Teórica no MIT e na Universidade Harvard.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada no barrio de Queens en Nova York, conseguiu o primeiro premio no concurso de talentos científicos Westinghouse de 1980, á idade de 18 anos. Licenciada (BA) en Harvard en 1983 e doutorada en física de partículas en 1987 baixo a dirección de Howard Georgi. Entrou a formar parte da Academia Americana de Artes e Ciencias en 2004. Foi nomeada pola revista Newsweek no número "Who's next" de xaneiro de 2006 como "unha das máis prometedoras físicas teóricas da súa xeración"

En 2010, Lisa Randall investiga sobre física de partículas e cosmoloxía na Universidade Harvard, onde traballa como profesora de física teórica. A súa investigación céntrase nas partículas elementais e as forzas fundamentais, incluíndo unha variedade de modelos que supoñen espazos con varias dimensións adicionais, sendo o máis coñecido o Modelo de Randall-Sundrum. Tamén traballou noutros eidos como a supersimetría, o modelo estándar, a inflación cósmica ou a relatividade xeral. O seu libro "Warped Passages" foi engadido na lista dos 100 libros máis notables do ano 2005 polo New York Times.

Logo de obter o seu doutoramento en Harvard, exerceu como profesora no MIT e na Universidade de Princeton antes de volver a Harvard en 2001.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]