Lionel Richie
Aparencia
Lionel Brockman Richie, Jr., nado en Tuskegee, no condado de Macon (Alabama) o 20 de xuño de 1949, é un cantautor e músico estadounidense que vendeu máis de 100 millóns de copias das súas cancións.[1]
Na década de 1970 formou parte da banda musical The Commodores, propiedade do famoso selo musical Motown de Detroit (Míchigan). A partir de 1981 iniciou a súa carreira como solista, logrando un grande éxito ao permanecer dúas semanas no Billboard co tema Hello para consolidarse posteriormente co tema Say you, say me, o cal gañou un Óscar da Academia á mellor canción nunha película.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lionel Richie|Biography www.lyricsfreak.com