Opinión Galeguista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Opinión Galeguista
PaísEspaña
Na rede
Galiciana: 3946
editar datos en Wikidata ]

Opinión Galeguista foi unha publicación editada en Buenos Aires entre 1934 e 1935.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Páxina da Organización Nazonalista Repubricana Galega de Bos Aires, apareceu o 1 de outubro de 1934. Revista política de carácter mensual e tendencia galeguista de esquerdas, escrita integramente en galego e orientada á colectividade da capital arxentina. Mostrou o seu apoio explícito ao Partido Galeguista ao consideralo a única entidade organizada, democrática e galega apta para conseguir as reivindicacións que necesitaba Galicia. Dirixida por Xosé Barreiro Romero, a partir do número 5, entre os seus colaboradores estiveron Rodolfo Prada, Lino Pérez e Victoriano Martínez Baqueiro. As súas páxinas están dedicadas a difundir e informar sobre os postulados e as actividades levadas a cabo polos galeguistas da Galicia territorial e de ultramar, canalizar axudas económicas neste eido e defender o proxecto político do partido. Defendeu o réxime republicano, adoptou posturas progresistas, amosou a súa solidariedade cos vascos e cataláns e expresou a súa admiración por Irlanda. O último número é o 10, publicado en novembro de 1935.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]