Linguas iberorrománicas
As linguas iberorrománicas[1] son un subgrupo de linguas románicas que se desenvolveron en territorios ocupados polos romanos cara ao ano 415[Cómpre referencia], é dicir, a Península Ibérica e o norte do Magreb e as súas posteriores conquistas (Suevia).
Linguas consideradas universalmente dentro do grupo iberorrománico son o galaico-portugués (e os seus modernos descendentes, galego e portugués), o asturleonés, o castelán e o aragonés. Todas estas linguas forman un continuum geolectal con alta intelixibilidade entre linguas adxacentes. [2]
Características principais das linguas iberorrománicas
[editar | editar a fonte]- A principal característica é que non perden as vogais latinas finais, a diferenza das linguas galorrománicas. O aragonés perde o último (e), sendo a excepción nas linguas iberorrománicas.
- Perden as formas adverbiais latinas (Ibi) e (Index), a diferenza das outras linguas románicas. [3]
- O infinitivo está formado con (r) e non se perde como ocorre coas linguas galorrománicas.
- Evolución dos grupos latinos (cl, fl, pl) ao /ʎ/ /t͡ʃ/ (ll) (ch).
- Evolución dos grupos latinos (ci, ti, ce, te) ao (/θ/, /z/, /s/)
- Sonorización das oclusivas xordas intervocalicas /k, p, t/, por exemplo (formica - formiga, sapere - saber, totus - todos)
- Forman digonygo fronte (e, o) breves latinas, exceptuando ao galaico-portugués. Por exemplo en castellán (ventum - viento, ponte - puente) e en aragonés (folia - fuella).
- Betacismo: non hai distinción entre b e v, excepto o portugués onde se conserva a distinción.
- Forman os plurais con (s).
- Cambio do (f) latino a (h). Este fenómeno ocorreu no castelán, estremeño, cántabro e asturiano oriental pola influencia do éuscaro. Esta característica tamén se comparte co occitano gascón. [4]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Iberorromance nuclear
[editar | editar a fonte]As linguas iberorrománicas occidentais (Grupo Ibero-Occidental) son: [5]
- Asturleonés:
- Castelán
- Dialectos do castelán
- Sefardí ou ladino
- Galego-portugués (†)
Grupos de transición
[editar | editar a fonte]Noutra clasificación máis ampla, as linguas iberorrománicas poden incluír o seu grupo de linguas principais e os seus grupos de transición.
- Navarroaragonés (†)
- Aragonés
- Navarro (†)
- Riojano precastelán (†)
- Mozárabe (†)
- Linguas occitano-románicas (ibero-orientais)
Iberorromance pirenaico-mozárabe (grupo controvertido)
[editar | editar a fonte]A clasificación de Ethnologue inclúe un grupo de linguas románicas da Península Ibérica dubidoso, formado polo navarroaragonés e polo mozárabe: o Grupo Pirenaico-Mozárabe, aínda que moitos especialistas consideran que dita división non é un grupo válido, nin atopan demasiados argumentos para postular unha relación especial entre o aragonés e o mozárabe.
- Navarroaragonés (†):
- Navarro (†)
- Riojano precastelán (†)
- Aragonés
- Aragonés occidental: Aragüesino, Ansotano, Cheso, Aisino
- Aragonés central: Belsetano, Aragonés do val de Vió, Panticuto
- Aragonés oriental: Patués ou Benasqués
- Aragonés meridional ou Somontanés
- Xudeoaragonés (†)
- Mozárabe (†)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carsten Sinner (29 de outubro de 2015). revistas.usc.gal, ed. "O galego como lingua de contacto co castelán riopratense: unha relación esquecida". Consultado o 4 de decembro de 2020.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2016. Consultado o 13 de novembro de 2018.
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xullo de 2018. Consultado o 06 de marzo de 2019.
- ↑ Penny, Ralph (2002). A History of the Spanish Language. Cambridge University Press. p. 8. ISBN 978-0-521-01184-6
- ↑ https://www.ethnologue.com/subgroups/ibero-romance