Saltar ao contido

Lingua onondaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua onondaga
 Instancia de
 Subclase de
Propiedades
 Número de falantes
40 (2007) Editar o valor en Wikidata
 Estado de lingua da UNESCO
en perigo crítico
Clasificación lingüística
Localización
 Orixinario de
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/07hlvj Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3ono Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5ono Editar o valor en Wikidata
IETFono Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 159940
Wikidata

A lingua onondaga[1] (cuxo autoglotónimo é Onoñdaʼgegáʼ nigaweñoʼdeñʼ; IPA: [onũdaʔɡeɡáʔ niɡawẽnoʔdẽʔ], literalmente "o onondaga é a nosa lingua") é unha lingua da familia iroquesa falada polo pobo onondaga, un dos pobos orixinarios que constituíron a Liga dos Iroqueses (Haudenosaunee).

Esta lingua fálase nos Estados Unidos e no Canadá, principalmente na reserva do centro do estado de Nova York e preto de Brantford, Ontario. Segundo datos de 2007 tiña 40 falantes, mais o seu número está a medrar dende 2010.[2] O onondaga está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[3]

Uso e revitalización

[editar | editar a fonte]

Segundo o Atlas das linguas do mundo en perigo da UNESCO, hai uns 10 falantes nativos de onondaga en Nova York e 40 falantes nativos na Reserva das Seis Nacións en Ontario, no Canadá.[4] A lingua chegou a estar en perigo pola presión do inglés como lingua do poder. Esta visión da lingua tamén se produciu nas escolas residenciais de todo o Canadá entre os anos 1800 e 1900. Os nenos da escola residencial india do Instituto Mohawk de Brantford, Ontario, foron castigados por usar a súa lingua.[5]

O Centro de Linguas da Nación Onondaga (chamado Ne' Eñhadiweñnayeñdeʼnhaʼ, ou "eles coñecerán a lingua") leva a cabo esforzos de revitalización lingüística dende 2010. Os nenos aprenden a lingua onondaga na Onondaga Nation School e tamén hai clases dispoñibles para adultos. En setembro de 2015, anunciouse que quince adultos ingresarían nunha clase de inmersión lingüística a tempo completo en onondaga, despois da cal se converterían en profesores da lingua.[2] No Canadá, Gawęnahwishe' Onǫda'gega' é un proxecto de dinamización que se lanzou en 2017 con seis novos estudantes. É un programa de inmersión para adultos que implementa o marco da Comisión Lingüística das Seis Nacións (SNLC).[6] Están implicados na tradución da estación de radio local, na realización de programas coas escolas primarias e secundarias locais e en eventos de divulgación para a comunidade.[6]

  1. Definición de onondaga no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. 1 2 Moses, Sarah (13 de setembro de 2015). "Onondaga Nation's urgent mission: Saving our language". Syracuse.com. Consultado o 2015-10-03.
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
  4. "UNESCO Atlas of the World's Languages in danger". www.unesco.org. Consultado o 2020-12-08.
  5. "Six Nations of the Grand River | The Canadian Encyclopedia". www.thecanadianencyclopedia.ca. Consultado o 2020-12-08.
  6. 1 2 "Gawęnahwishe' Onǫda'gega'". Gawęnahwishe' Onǫda'gega' (en inglés). Consultado o 2020-12-08.[Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]