Autoglotónimo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un autoglotónimo é o nome que lle dan a unha lingua os seus propios falantes.

En ocasións este nome é significativo da consideración sociolingüística que eles teñen de si mesmos ou da súa lingua. Isto dáse por exemplo nas zonas estremeiras orientais do galego exterior, onde os propios falantes designan a lingua que usan como a fala ou ben galego chapurreau. Estes dous exemplos amosan as dúas primeiras variantes de autodesprestixiación:

  • unha designación equívoca, ambigua e abstracta: A nosa fala;
  • unha denominación despectiva, normalmente con denotación de híbrida: castrapo ou galego acastrapado;
  • o outro tipo é o uso dun heteroglotónimo: Perdoe, pero aquí non lle falamos máis que en gallego;
  • o uso dun nome local: benasqués ou valverdeiru;

Moitos dos autoglotónimos significan simplemente "xente" ou "homes". No caso dos quechuas, denomínanse simplemente runa ("hombre", en plural runakuna), e designan a súa lingua como runasimi ("a lingua dos homes"). Os iaquis e os maios chámanse yorem ("persoas", "xente"). Os esquimós chámanse inuit ("home").

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]