Saltar ao contido

Y Gododdin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Y Gododdin
Imaxe
 Instancia de
Características
 Forma artística
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/04cscv Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX2565282
Wikidata

Y Gododdin é un poema medieval en lingua galesa composto por unha serie de 99 elexías aos homes do reino britano de Gododdin e os seus aliados que, segundo a interpretación tradicional, morreron loitando contra os anglos de Deira e Bernicia na batalla de Catraeth contra o ano 600. Adoita asociarse ao bardo Aneirin e sobrevive só nun manuscrito, o Libro de Aneirin.

O devandito manuscrito data de finais do século XIII, mais o Y Gododdin ten a súa orixe entre os séculos VII e XI. O texto ten partes escritas coa ortografía do galés medio e outras coa do galés antigo. Segundo a datación máis temperá, a súa composición é próxima ao remate da propia batalla, na rexión de Yr Hen Ogledd (en galego: O vello Norte); neste sentido, tería a súa orixe na lingua cúmbrica.[1][2] Outros especialistas consideran que o Y Gododdin é obra dun poeta galés dos séculos IX, X ou XI. Incluso a datación no século IX convertería a obra nunha das pezas de poesía máis antigas que se conservan en lingua galesa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.