A chantaxe lanceolada ou lingua de ovella[1] (Plantago lanceolataL.) é unha especie de plantaherbáceaperenne natural de toda Europa, América do Norte, América Latina e Asia occidental onde medra en terreos secos, noiros, beirados de camiños e lugares non cultivados. Tamén recibe os nomes de correola ou simplemente chantaxe.
Vista da planta.Lingua de ovella (Chile).Ilustración.
É unha planta herbácea vivaz sen talos ramificados e con talos florais que acadan 30–50cm de altura, ten un rizoma curto central do que agroman moitas raiciñas de cor amarela. As follas lanceoladas ou ovadas, longas, algo dentadas e radicais están dispostas nunha roseta basal no baseamento do talo, teñen de 3-7 nervacións lonxitudinais que se estreitan e continúan no pecíolo. A inflorescencia terminal é unha espiga densa con flores moi pequenas de cor branca ou purpúrea. A espiga é curta durante a floración e despois vaise alongando. O froito é un pixidio con 4-16 sementes.
Utilízase para a otite (doenza dos ouvidos), xa que a chantaxe posúe propiedades antiinflamatorias, nas queimaduras, picadura de insectos, polo xeral aplícanse as follas verdes esmagadas sobre as feridas, no caso do ouvido esmágase a folla e se botan unhas pinguiñas do zume no ouvido afectado.
En ungüento con oliva e cera (receita que se coñece desde a época dos exipcios), é rexenerador da pel, cicatrizante e tamén vale contra a infección en feridas como cortes, chagas, queimaduras, golpes, golpes sanguentos, mordeduras de insectos, engurras, mans ásperas, alerxias de cemento etc.
Plantago: nome xenérico que deriva de plantago = moi principalmente, nome de varias especies do xénero Plantago L. (Plantaginaceae) –relacionado coa palabra latinaplanta, -ae f. = "planta do pé"; disque pola forma das follas–. Así, Ambrosini (1666) conta: “É chamada de Plantago polos autores latinos, vocábulo que toman da planta do pé (por mor da largura das súas follas, que lembran a planta do pé; e así mesmo porque as follas teñen liñas como feitas con arado, semellantes ás que vemos na planta do pé)”.[5]
lanceolata: epítetolatíno que significa "lanceolada", en referencias ás súas follas.
Tarrela, lirio, lingua de ovella, língoa de ovella, lenzoá, lengua de pita, lengua de ovella, lengua de ouvella, herba mala, herba de cinco costas, curriolas, corroá, corriolas, corriola, correolo, correolas, correola, correa e cárcamo.[9]
↑Nomes galegos en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde, A Coruña, Deputación da Coruña, 2000 e Termos esenciais de botánica, Santiago de Compostela, Universidade, 2004
↑Phenylethanoids in the Herb of Plantago lanceolata and Inhibitory Effect on Arachidonic Acid-Induced Mouse Ear Edema. Michiko Murai (nee Sasahara), Yasuhiko Tamayama and Sansei Nishibe, Planta Med., 1995;, volume 61, issue 5, pages 479-480, doi10.1055/s-2006-958143
↑Genetic variation in defensive chemistry in Plantago lanceolata (Plantaginaceae) and its effect on the specialist herbivore Junonia coenia (Nymphalidae). Lynn S. Adler, Johanna Schmitt and M. Deane Bowers, Oecologia, January 1995, Volume 101, Issue 1, pages 75-85, doi10.1007/BF00328903