Saltar ao contido

Lingua akan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lingua akán»)
Lingua akan
akan Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
akan (ak)
Akan (ak) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Composto por
Características
 Alfabeto
 Tipoloxía lingüística
Implicados
 Institución de normalización
Clasificación lingüística
Cifras e dimensións
 Número de falantes
8.314.600 (2004)
11.000.000 (2007) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Orixinario de
 País
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02hw_03 Editar o valor en Wikidata
ISO 639-1ak Editar o valor en Wikidata
ISO 639-2aka Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3aka Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5aka Editar o valor en Wikidata
IETFak Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O akan[1] é unha lingua, ou un conxunto de dialectos relacionados entre si, do grupo kwa que se fala en Ghana, foi a lingua do Imperio Ashanti.[2]

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

O fante fálase na costa ao oeste de Accra, o akuapem é a lingua dos montes ao norte de Accra e o asante fálase no oeste de Ghana.

Dialectos

[editar | editar a fonte]

Os dialectos literarios do akan son:

Dialectos non literarios

  • Agona
  • Ahafo
  • Akyem Bosome
  • Asen
  • Dankyira
  • Kwawu

O abrong de Costa do Marfil podería incluírse entre os dialectos akan, pero carece de forma escrita e hai a tendencia a consideralo unha lingua independente. O asante e o akuapem forman o twi.

Usos sociais

[editar | editar a fonte]

As primeiras en dar forma escrita ao akan foron os europeos que se achegaron ás costas de Ghana, en 1673 fíxose un glosario de asante que se publicou en alemán e en 1764 realizouse unha gramática de asante que se publicou en danés, ou o dicionario Johann Gottlieb Christaller en akuapem de 1881.
Os primeiros misioneiros que se asentaron en Ghana escolleron o akuapem para publicaren gramáticas, dicionarios e literarura relixiosa, estas obras esparexéronse polo territorio asante, converténdose a escrita akuapem na utilizada no seu territorio ata os anos 1960 cando se desenvolveu a ortografía asante.[3]

Cada dialecto ten a súa propia forma escrita, aínda que o Bureau of Ghanian languages unificou as ortografías akan en 1981 pero non chegou a implementarse, de feito só se publicou un libro[4] con esa ortografía, o libro de himnos Kristofoɔ Ndwom Nwoma. O akan é unha lingua promovida polo goberno ghanés, é a lingua de ensino nos primeiros tres niveis de ensino no seu territorio tradicional, ademais fóra del funciona como lingua vehicular e é materia de ensino en todo o país.

Hai publicacións periódicas, emisoras de radio, un programa semanal na televisión e unha certa literatura, sobre todo teatro e relatos tradicionais.

  1. ↑ "Entrada akan en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2017. Consultado o 07 de abril de 2017.
  2. ↑ Andrew Dalby, Dictionary of Languages. Bloomsbury, 1998, páxina 9
  3. ↑ Mary Esther Kropp Dakub Korle Meets the Sea: A Sociolinguistic History of Accra. Oxford University Press, 1997, páxina 125
  4. ↑ Andrew Simpson Language and National Identity in Africa. Oxford University Press, 2008, páxina 152

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]