Linezolid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linezolid
Identificadores
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O linezolid é un antibiótico (nome comercial Zyvoxid), do grupo oxazolidinona (de orixe sintética), que actúa inhibindo a síntese proteica da subunidade 50s do ribosoma, en contreto a subunidade 23s do ARN ribosómico. En termos xerais é un antibiótico bacteriostático, pero fronte a algúns xermes pode ser bactericida. O linezolid emprégase nas infeccións de tecidos brandos (pel, músculo etc), pneumonía principalmente. É activo fronte a Staphylococcus aureus resistente á meticilina (SARM), enterococos resistentes á vancomicina e Streptococcus pneumoniae multirresistentes. Pódese empregar por vía intravenosa ou oral (600 miligramos cada doce horas), sendo o primeiro antibiótico administrable por vía oral fronte ao SARM.

Actividade[editar | editar a fonte]

O linezolid é activo fronte a Staphylococcus aureus, estafilococos en xeral, Enterococcus faecalis, Enterococcus faecium, Streptococcus pneumoniae, estreptococos, Corynebacterium spp, Bacillus spp, Listeria monocytogenes, Rhodococcus spp, Erysipelothrix rhusiopathiae, Clostridium difficile, Clostridium perfringens, Peptostreptococcus spp, Nocardia e algunhas micobacterias.

Existen cepas resistentes de estafilococos, enterococos e pneumococos, fundamentalmente a través de mutacións na subunidade 23S do ARN ribosómico bacteriano, sendo as mutacións máis comúns: G2576T, G2447T e T2504A. Outros mecanismos coñecidos de resistencia son mutacións nas proteínas ribosómicas L3 e L4.

Dende a comercialización na década dos 2000, monitorízanse periodicamente as resistencias a linezolid, apreciándose en liñas xerais unha resistencia menor ao 1%. Foron reportados varios casos de enterococos resistentes a linezolid, así coma cepas de pneumococo. Apréciase un maior nivel de resistencia nas unidades con gran presión infecciosa (UCI).

Efectos secundarios[editar | editar a fonte]

A maior parte dos efectos secundarios obsérvanse nos tratamentos a longo prazo. Nalgúns pacientes prodúcese unha deterioración da medula ósea, podendo apreciarse anemia ou trombopenia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Actualización en infecciones relacionadas con el uso de catéteres vasculares (en castelán). ISBN 978-84-15340-71-3.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.