Primeira División de Bolivia
Tipo | liga deportiva |
---|---|
Deporte | fútbol |
Organizador | Federación Boliviana de Fútbol |
Liga inferior | Liga Nacional B (en) |
Número de participantes | 16 |
Localización e Datas | |
País | Bolivia |
Vixencia | 1950 – |
Outro | |
Páxina web oficial | fbf.com.bo… |
A Primeira División de Bolivia é a categoría de máximo nivel dentro da liga profesional de fútbol que se disputa en Bolivia, organizada pola Liga del Fútbol Profesional Boliviano.
O torneo actual naceu en 1977, sucedendo á Copa Simón Bolivar (1960-1976) e ó Campionato Nacional (1950-1959). Actualmente considéranse o mesmo campionato profesional, mais con distintos nomes e formatos. Dende o ano 2003 ata o ano 2010 disputáronse cada tempada dous torneos, Apertura e Clausura, de xeito que cada ano había dous equipos campións. Non obstante a tempada 2011/12 está formada por 3 torneos (Adecuación, Apertura e Clausura), con distintos formatos cada ún, xa que a liga estase adaptando ó calendario europeo, para que as tempadas rematen antes do verán.
O club máis laureado na historia do campionato é o Fútbol Club Bolívar da Paz (23 títulos), seguido do Club Jorge Wilstermann de Cochabamba (12 títulos) e do Club The Strongest da Paz (11 títulos). Mais lonxe están o Club Blooming e o Oriente Petrolero da cidade de Santa Cruz de la Sierra con 5 títulos cada un. O primeiro campión foi o propio Fútbol Club Bolívar, mentres que o campión actual é o Club The Strongest.
Esta liga pode ser considerada unha das dúas menos competitivas de Suramérica, coa liga venezolana, pois nunca un equipo destas dúas ligas chegou a unha final da Copa Libertadores entre 1960 e 2011.
Equipos 2012
[editar | editar a fonte]Os seguintes 12 equipos compiten na tempada 2011/12. As cidades da Paz, Potosí e Santa Cruz están representadas con 2 equipos. É salientable a ausencia do Club Jorge Wilstermann, que en 2010 descendeu de categoría por vez primeira na súa historia.
Equipo | Fundación | Cidade | Estadio | Capacidade |
---|---|---|---|---|
Aurora | 27 de maio de 1935 | Cochabamba | Félix Capriles | 32.000 |
Blooming | 1 de maio de 1946 | Santa Cruz de la Sierra | Ramón Tahuichi Aguilera | 35.000 |
Bolivar | 12 de abril de 1925 | A Paz | Hernando Siles | 42.000 |
Guabirá | 13 de abril de 1962 | Montero | Gilberto Parada | 13.000 |
La Paz FC | 30 de maio de 1989 | El Alto | Cosmos 79 | 4.000 |
Nacional Potosí | 8 de abril de 1942 | Potosí | Víctor Agustín Ugarte | 30.000 |
Oriente Petrolero | 5 de novembro de 1955 | Santa Cruz de la Sierra | Ramón Tahuichi Aguilera | 35.000 |
Real Mamoré | 15 de marzo de 2006 | Trinidad | Gran Mamoré | 12.000 |
Real Potosí | 1 de abril de 1986 | Potosí | Víctor Agustín Ugarte | 30.000 |
San José | 19 de marzo de 1942 | Oruro | Jesús Bermúdez | 35.000 |
The Strongest | 8 de abril de 1908 | A Paz | Rafael Mendoza Castellón | 14.000 |
Universitario de Sucre | 5 de abril de 1961 | Sucre | Olímpico Patria | 30.000 |
Palmarés
[editar | editar a fonte]O palmarés da liga está dominado polo Bolivar, con 23 títulos:
Nº de Títulos | Equipo | Campionatos obtidos |
---|---|---|
23 | Bolivar | 1950, 1953, 1956, 1966, 1968 , 1976, 1978, 1982, 1983, 1985, 1987, 1988, 1991, 1992, 1994, 1996, 1997, 2002, 2004-A, 2005-AD, 2006-A, 2009-A, 2011-AD |
12 | Jorge Wilstermann | 1957, 1958, 1959, 1960, 1967, 1972, 1973, 1980, 1981, 2000, 2006-ST, 2010-A |
11 | The Strongest | 1952, 1964, 1974, 1977, 1986, 1989, 1993, 2003-A, 2003-C, 2004-C, 2011-A |
5 | Oriente Petrolero | 1971, 1979, 1990, 2001, 2010-C |
5 | Blooming | 1984, 1998, 1999, 2005-A, 2009-C |
3 | San José | 1955, 1995, 2007-C |
2 | Aurora | 1963, 2008-C |
2 | Deportivo Municipal | 1961, 1965 |
2 | Always Ready | 1951, 1957 |
1 | Real Potosí | 2007-A |
1 | Chaco Petrolero | 1970 |
1 | Universitario de Sucre | 2008-A |
1 | Guabirá | 1975 |
1 | Litoral | 1954 |
1 | Universitario de La Paz | 1969 |