Liga Gallaecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os equipos de fútbol gaélico: Torques de Lugoslavia, Suêvia e Cascarilha, escoitan o himno nacional galego na inauguración da I Xornada da Liga Gallaecia de fútbol gaélico. Nadela (Lugo, Galicia), 5 de outubro de 2013.
Afiadoras - Ambilokwoi no campo da Canosa (O Rosal), 2019.

A Liga Gallecia é unha competición de fútbol gaélico que se xoga en Galicia con equipos mixtos de homes e mulleres,[1] sen recoñecemento da Asociación Atlética Gaélica.[2] Os equipos que optan por esta opción son o Suévia Fútebol Gaélico de Compostela,[3] o Ambílokwoi Futebol Gaélico de Vigo, Afiadoras Futebol Gaélico de Ourense, Torques de Lugoslavia de Lugo, Cascarilha da Coruña, Condado Gaélico das Neves, Gróvias Futebol Gaélico da Guarda, Fusquenlha FG de Pontedeume e Berobreo FG de Cangas. Nos seis anos que se ten realizado a Liga Gallecia participaron diferentes equipos como Fanekas (Teixeiro), Buril (Sarria) e Dorna (Illa de Arousa) que finalmente abandonaron a competición. O equipo mixto de Pontevedra (Corvos FG) chegou a adestrar durante uns meses pero o proxecto quedou paralizado.[4] Existiron tentativas de expandir o modelo de deporte mixto a outras zonas do Estado, como foi o caso de Almería.[5]

Historia[editar | editar a fonte]

A Liga Gallaecia foi presentada o 7 de agosto de 2013,[6] xogando nese mesmo mes varios partidos de pretemporada no marco das Olimpíadas Rurais de Meira.[7] A primeira xornada de liga[8] celebrouse no campo de fútbol de Nadela (Lugo), o 5 de outubro de 2013, cos encontros de Torques de Lugoslavia vs Afiadoras de Ourense e Cascarilha da Coruña vs Suévia de Santiago de Compostela. Resultando campións de Liga Ambilokwoi de Vigo.

Na temporada 2014-2015, disputouse a segunda liga mixta da Liga Gallaecia saíndo de novo vencedor Ambílokwoi.

Na seguinte 2015-2016, faríase co título O Condado na súa primeira participación.

Na súa cuarta edición (2016-2017) ,Torques de Lugoslavia fíxose co seu primeiro título.

Na quinta temporada 2017-2018, o aumento de equipos até acadar o total de dez fixo que se modificase o sistema de competición. Nunha primeira fase de liguiña dividida en 2 grupos (Norte e Sur) enfrontáronse os equipos a dúas voltas. Os dous primeiros de cada grupo e o mellor terceiro competiron nun novo grupo en formato liga polo título a unha volta. Os restantes equipos competiron noutra fase, tamén a volta única, para decidir a súa posición na liga.[9] Deste novo formato saíu vencedor Torques.[10]

Na sexta temporada (2018-2019), co descenso do número de equipos a 8 -Fanekas e Buril abandonaron a Liga Gallaecia-, retomouse o formato de liga habitual. Torques conseguiu a súa terceira Liga consecutiva.[11]

A sétima temporada (2019-2020) contou cun equipo máis, o Berobreo FG (Morrazo), polo que a competición retomou o formato de dous grupos -Conferencias Norte e Sur- onde se xogarían o pase á fase final os mellores de cada Conferencia. Porén, a fase final da liga nunha se disputou pola suspensión da competición debido á pandemia[12].

A temporada 2020-2021 tamén ficou en suspenso pola Covid[13]. Desde a pandemia non se volveu retomar a conpetición.

A Liga Gallaecia contou cun podcast de seu, Quarto Tempo[14], emitido desde a Rádio Kalimera, e no que se falaba do decorrer da competición ambientado con música galega e irlandesa.

Regulamento[editar | editar a fonte]

A Liga Gallaecia adaptou o regulamento do fútbol gaélico En Irlanda ás características própias galegas (campos de xogo, número de xogadoras, etc). Ademais elaborou un código de condutas no que se pune actitudes machistas, racistas ou homófobas por parte dos xogadores e xogadoras mais tamén das persoas que acoden ao campo a animar ou presenciar os xogos[15].

Resultados da liga regular[editar | editar a fonte]

Táboa histórica de resultados do campionato regular da Liga Gallaecia desde a súa creación no ano 2013:

Equipo 20 19 18 17 16 15 14 Anos Puntos Títulos
Torques de Lugoslavia - 1 1 1 4 4 3 6 85 3
Condado FG - 2 4 2 1 - - 4 70 1
Afiadoras FG - 5 2 3 5 3 4 6 61 -
Suévia FG - 7 8 4 3 2 2 6 56 -
Ambílokwoi FG - 8 9 5 2 1 1 6 49 2
Cascarilha FG - 3 7 6 6 5 5 6 42 -
Fusquenlha FG - 4 5 - - - - 2 25 -
Gróvias FG - 6 6 - - - - 2 25 -
Fanekas FG - - 3 - - - - 1 15 -
Buril FG - - 10 - - - - 1 0 -
Berobreo FG - - - - - - - 0 0 -

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Non o perdas, a Liga Gallaecia está por comezar", artigo en Praza Pública, 12 de agosto de 2013.
  2. "Non ao fútbol gaélico mixto", artigo en Galicia Confidencial, 15 de xaneiro de 2014.
  3. "Eva Cortinhas, do Suévia FG, de Compostela: "Pretendemos fomentar o desporto de base"". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 11 de abril de 2014. 
  4. "Pontevedra apúntase ao fútbol gaélico". Pontevedra Viva. Consultado o 2019-09-17. 
  5. "almeria futbol gaelico". almería fútbol gaélico. Consultado o 17 setembro 2019. 
  6. "Presentación da Liga Gallaecia de futebol gaélico", rolda de prensa, 7 de agosto de 2013 (en YouTube).
  7. "Volta do verán: Olimpíadas Rurais e curso de fotografía". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2013. Consultado o 11 de abril de 2014. 
  8. "Para a história do desporto galego: Crónica da primeira jornada da Liga Gallaecia" Arquivado 14 de outubro de 2013 en Wayback Machine., artigo en Diario Liberdade, 9 de outubro de 2013.
  9. "Apresentaçom da temporada 2017-2018 | Liga Gallaecia". www.ligagallaecia.org (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2017. Consultado o 2017-11-13. 
  10. "táboa classificatória da Liga Gallaecia 2017/2018". www.ligagallaecia.org. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2020. Consultado o 17 de setembro de 2019. 
  11. "táboa classificatória da Liga Gallaecia 2018/2019". www.ligagallaecia.org. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 17 setembro 2019. 
  12. "Suspensom indefinida da competiçom por causa do Covid-19 | Liga Gallaecia" (en portugués). 2020-03-12. Consultado o 2023-08-29. 
  13. "A LIGA GALLAECIA A RESPEITO DA TEMPORADA 2020-2021 | Liga Gallaecia" (en portugués). 2020-10-20. Consultado o 2023-08-29. 
  14. Podgalego, Por (2021-10-03). "Quarto Tempo". Podgalego. Consultado o 2023-08-29. 
  15. "Código de condutas | Liga Gallaecia" (en portugués). Consultado o 2023-08-29. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]