A Asociación Atlética Gaélica (en inglésGaelic Athletic Association (GAA); en irlandésCumann Luthchleas Gael) é unha asociación deportiva e cultural irlandesa. Esta asociación fomenta e organiza competicións deportivas de deportes de tradición irlandesa, principalmente o hurling e o fútbol gaélico, en categorías masculina e feminina.[1]
A GAA promove, amais, a música e as danzas tradicionais de Irlanda, así como a lingua irlandesa.
Fundada en 1884, a GAA é actualmente a principal asociación deportiva de Irlanda. Posúe regras estritas acerca da condición de afeccionados dos xogadores. A categoría máis alta de competición é a All-Ireland Final, disputada entre os condados de Irlanda. Tanto o hurling coma o fútbol gaélico, principais deportes da asociación, son moi antigos. As primeiras referencias escritas do hurling datan do século V. Pola súa parte, crese que o fútbol gaélico provén do caid, o antigo fútbol irlandés, que se remonta ao 1537, aínda que o regulamento moderno data de 1887.
O rounders (cluiche corr), que consiste en golpear unha bóla pequena e dura forrada de coiro cun bate de madeira, plástico ou metal arredondado no extremo. É o antecedente do béisbol moderno.