Libythea celtis
Libythea celtis | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
'Libythea celtis' (Laicharting, 1782) |
Libythea celtis é unha especie de lepidóptero ropalócero da familia Nymphalidae.[1][2]
Distribución[editar | editar a fonte]
Atópase ao norte de Alxeria e Tunisia, sur de Europa, Turquía, centro e noroeste de Asia até o Xapón e illa de Taiwan.[3]
Na Península Ibérica é moi esporádica e rara, aínda que é máis frecuente nos Pireneos. Ausente nas Baleares. As poboacións europeas e africanas viven entre os 400 e os 1500 m s. n. m.[4]
Hábitat[editar | editar a fonte]
Preferentemente áreas abertas e arbustivas con árbores caducifolias dispersas e non moi grandes. A eiruga aliméntase de lodoeiro (Celtis australis); en puntos do sueste de Europa, onde esta planta é escasa, podería utilizar outras especies do xénero Celtis, feito confirmado con Celtis caucasica no noroeste de Asia.[4]
Período de voo e hibernación[editar | editar a fonte]
Hibernan como imago nos arbustos, cousa útil, posto que en repouso aseméllanse a unha folla seca, imitan mesmo o pecíolo, grazas aos seus palpos prominentes.
Os primeiros individuos obsérvanse entre marzo e abril, e a súa descendencia emerxe entre xuño e agosto. A especie é univoltina.[4]
Comportamento[editar | editar a fonte]
A mediados ou finais de verán, algúns individuos dispérsanse en áreas moi extensas para colonizar novas zonas (chegouse a observar exemplares divagantes a uns 2300 m).[4]
Os adultos adoitan tomar o sol coas ás abertas sobre as árbores; en cambio, cando baixan a terra non adoitan abrir as ás. Os machos acabados de emerxer ás veces concéntranse en bebedoiros como charcos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Biodiversidad Virtual
- ↑ European Butterflies ((en inglés)
- ↑ Matt Rowlings (en inglés)
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Tolman
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Libythea celtis |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Libythea celtis |