Liam O'Flynn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Liam O'Flynn
Liam O'Flinn.jpg
Nacemento 15 de abril de 1945
  Kill
Falecemento 14 de marzo de 2018
  Dublín
Causa Enfisema pulmonar
Nacionalidade Irlanda
Ocupación músico
editar datos en Wikidata ]

Liam O'Flynn (na grafía irlandesa: Liam Óg Ó Floinn), nado en Kill o 15 de abril de 1945 e finado o 14 de marzo de 2018[1] foi un músico folk irlandés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en en Kill de pais músicos, o seu pai tocaba o violín e a súa nai o piano. Despois do seu primeiro encontro coa gaita irlandesa, as influencias máis importantes no seu desenvolvemento foron Leo Rowsome, Willie Clancy, e Séamus Ennis. Liam gañou recoñecemento por gañar premios no Oireachtas Festival e o Fleadh Cheoil nos anos 60.

Converteuse nun membro fundador de Planxty en tódalas súas versións. The Chieftains foron os primeiros en gravar música instrumental tradicional irlandesa en formato de grupo, pero Planxty levouno un paso máis lonxe. Eles deron impulso e vitalidade á música acústica que debeu máis ó rock and roll que á música clásica europea. O'Flynn deu unha emocionante excitación ás pipas irlandesas, que foran asociadas anteriormente coa estrita disciplina dos gaiteiros escoceses. Despois de Planxty el atopou facilmente traballo, e traballou cos Everly Brothers, Enya, Kate Bush, Nigel Kennedy e Mark Knopfler. El traballou tamén en películas, incluíndo "A River Runs Through It" e "Kidnapped". El foi o suficentemente aventureiro para traballar co compositor John Cage, pero a súa alianza natural foi co compositor Shaun Davey.

The Bothy Band foron os sucesores naturais do Planxty orixinal, e dous dos seus membros, Seán Keane e Matt Molloy, gravaron nun dos álbums de O'Flynn's, The Piper's Call. El tamén traballou en proxectos con Seamus Heaney, mesturando poesía e música.

Discografía[editar | editar a fonte]

[editar | editar a fonte]

  • Liam O'Flynn (1988).
  • The Fine Art Of Piping (1991).
  • The Given Note (1995), que inclúe varias pezas galegas tradicionais, como a muiñeira de Ourense, a foliada de Elviña ou a alborada Teño un amor na montaña.
  • The Piper's Call (1999).

Con Planxty[editar | editar a fonte]

  • Planxty (1973).
  • The Well Below the Valley (1973).
  • Cold Blow and the Rainy Night (1974).
  • After the Break (1979).
  • The Woman I Loved So Well (1980).
  • Words and Music (1983).
  • Planxty (2004).

Con Shaun Davey[editar | editar a fonte]

  • The Brendan Voyage (1980).
  • The Pilgrim (1983).
  • Granuaile (1985).
  • The Relief Of Derry Symphony (1990).
  • Out To Another Side (1993).
  • May We Never Have To Say Goodbye (2006).

Notas[editar | editar a fonte]