Matt Molloy
Matt Molloy | |
---|---|
![]() | |
Data nacemento | 12 de xaneiro de 1947 |
Nado en | Ballaghaderreen |
Ocupación | músico e flautista |
Xénero | Contemporáneo |
Instrumento(s) | Frauta |
Na rede | |
http://www.mattmolloy.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Matt Molloy, nado o 12 de xaneiro de 1947 é un músico irlandés, procedente dunha rexión coñecida por producir frautistas talentosos. Cando era un rapaz, comezou a tocar a frauta e gañou o Campionato de frauta de Irlanda aos dezanove anos. Considerado un dos músicos irlandeses máis brillantes, o seu estilo que adapta as técnicas de gaita á frauta influíu en moitos frautistas irlandeses contemporáneos.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Durante a década de 1970, Molloy foi membro de The Bothy Band e da súa sucesora, a refundada Planxty. En 1979 uniuse a The Chieftains, substituíndo a Michael Tubridy. Ao longo da súa carreira, Molloy traballou coa Irish Chamber Orchestra, Paul Brady, Tommy Peoples, Micheál Ó Súilleabháin e Dónal Lunny.[3] Tamén ten colaborado con músicos célebres como Carlos Núñez e Mike Oldfield.
Molloy ten un pub en Bridge Street en Westport, no condado de Mayo, onde hai sesións regulares de música irlandesa.[4]
Discografía[editar | editar a fonte]
- Álbums solistas
- Matt Molloy with Donal Lunny (1976)
- Molloy, Brady, Peoples (1978)
- Contentment Is Wealth (1985)
- Heathery Breeze (1985)
- Stony Steps (1987)
- The Fire Aflame (1992)
- Music at Matt Molloy's (1993)
- Shadows on Stone (1996)
- The West Ocean String Quartet (with Matt Molloy):The Guiding Moon (2007)
- Pathway to the Well (2007) Matt Molloy, John Carty, Arty McGlynn
- Back to the Island (2019)
- Artista colaborador
- The Rough Guide to Irish Music (1996)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Wilson, David A. (1995). Ireland, a Bicycle, and a Tin Whistle. p. 89. ISBN 978-0-7735-1343-3.
- ↑ Company of Fifers & Drummers, Incorporated (1996). The Ancient Times, Volumes 23-26. p. 26.
- ↑ Smith, Chris (2011). Celtic Backup for All Instrumentalists. p. 103. ISBN 978-1-61065-619-1.
- ↑ The Chieftains. 1997. p. 230. ISBN 978-0-306-80922-4.