Saltar ao contido

Liadh Ní Riada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLiadh Ní Riada

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de novembro de 1966 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Dublín Editar o valor en Wikidata
Eurodeputada
Representa: Sinn Féin

1 de xullo de 2014 

Circunscrición electoral: Sur

Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, director de televisión, produtora de televisión Editar o valor en Wikidata
Partido políticoSinn Féin Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiSeán Ó Riada Editar o valor en Wikidata

Twitter: LiadhNiRiada Editar o valor en Wikidata

Liadh Ní Riada, nada en Dublín o 28 de novembro de 1966[1] é unha política irlandesa que serve como eurodeputada de Irlanda dende 2014. É membro do Sinn Féin, parte do grupo político Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Nórdica Verde no Parlamento Europeo. Foi elixida polo Sinn Féin para participar nas eleccións presidenciais do 26 de outubro de 2018.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ní Riada naceu en Dublín e medrou en Cork Occidental. Ní Riada é filla do compositor Seán Ó Riada, quen morreu cando tiña catro anos. A súa nai morreu cando tiña 10.[3] Reside en Ballyvourney no gaeltacht Muskerry do condado de Cork, co seu segundo marido, Nicky Forde, e tres fillas. Casara con Fiachra Ó hAodha durante 10 meses até a súa morte en 1997.[3] É falante nativa de lingua irlandesa.[4]

  1. "Seán Ó Riada Collection Descriptive List" (PDF). University College Cork Library. xullo de 2006. Consultado o 31 de maio de 2014.
  2. "Sinn Féin nominates Liadh Ní Riada to contest the Presidential Election". RTÉ. 16 de setembro de 2018. Consultado o 16 de setembro de 2018.
  3. 1 2 The Irish Times, ed. (17 de setembro de 2018). "Liadh Ní Riada named as Sinn Féin candidate for presidency".
  4. SinnFéin.ie (ed.). "Liadh Ní Riada MEP". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2018. Consultado o 7 de setembro de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]