Liña de alta velocidade Venta de Baños-Burgos-Vitoria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A liña de alta velocidade Venta de Baños–Burgos–Vitoria é unha liña de alta velocidade en construción que se estende entre o nó de Venta de Baños (Palencia) e a estación de Vitoria pasando polas estacións de Burgos e Miranda de Ebro. Formará parte da liña que unirá Madrid co País Vasco e prevese que o tramo Venta de Baños-Burgos estea operativo en 2018[1], mentres que non hai definido nin proxecto nin prazo concreto para a chegada a Vitoria.

O trazado entre o nó de Venta de Baños e Burgos está deseñado de acordo coas especificacións técnicas de interoperatibilidade da Unión Europea para liñas ferroviarias de alta velocidade. Será apta para unha velocidade máxima de 350 km/h e constará de plataforma para vía dobre de ancho UIC (1435 mm), aínda que entre o cambiador de Villamuriel de Cerrato (Palencia) e Burgos só se instalará unha.

Tramos[editar | editar a fonte]

A liña divídese en dous grandes tramos: o primeiro, xa adxudicado, entre o nó de Venta de Baños e o cambiador de Burgos, de 87,076 km máis un ramal de 4,485 km, e o segundo, pendente de definición, entre Burgos e Vitoria, que tería 109,1 km segundo o último proxecto.[2]

O nó de Venta de Baños consiste nun triángulo formado polas liñas Valladolid-León, xa en servizo, a propia liña Venta de Baños-Burgos e un ramal para enlazar ambas as liñas desde Palencia. O lado entre Bifurcación Venta de Baños AV e Bifurcación Cerrato, onde se incorpora o ramal de ligazón desde Soto de Cerrato/Burgos ten 5,121 km, o lado entre Bifurcación Venta de Baños AV e Bifurcación Soto de Cerrato AV, onde se incorpora o mesmo ramal de ligazón desde Palencia/León ten 5,096 km, e o propio ramal de ligazón 4,485 km. A distancia entre Bifurcación Soto de Cerrato AV e a estación de Burgos-Rosa de Lima é de 81,367 km. De entre todos estes tramos, só estase montando vía dobre entre Bifurcación Venta de Baños AV e Bifurcación Soto de Cerrato AV. Entre esta e Burgos só se poderán realizar cruces nos dos postos de adiantamento e estacionamento de trens: o de Río Arlanzón (PK 257,565) e o de Estépar (PK 282,378).

A variante de Burgos mide 17,4 km entre Bifurcación Aranda e Bifurcación Rubena[3] e nela montáronse dúas vías en ancho ibérico con travesa polivalente sobre plataforma para tres vías. 13,2 km do seu percorrido son aptos para 200 km/h.

Nó de Venta de Baños-Burgos[editar | editar a fonte]

Actualmente a maior parte dos tramos atópanse en obras ou nos trámites inmediatamente anteriores ao seu inicio, tal como mostra a seguinte táboa.[4]

Tramo km Estado (data BOE) Prazo de execución
Nó de Venta de Baños (Ramal Valladolid-Palencia-León) 16 En obras (9/6/2009) 24 meses
Nó de Venta de Baños (Ramais cara Burgos) 8 En obras (5/10/2009) 22 meses
Nó de Venta de Baños - Torquemada 11,9 En obras (9/6/2009) 26 meses
Torquemada - Quintana del Puente 11,3 En obras (6/5/2009) 21 meses
Quintana del Puente - Villodrigo 11,1 En obras (3/11/2009) 30 meses
Villodrigo - Villazopeque 10,4 En obras (16/4/2010) -
Villazopeque - Estépar 11,4 En obras (16/4/2010) -
Estépar - Variante ferroviaria de Burgos 10,2 En obras (13/10/2010) 32 meses
Variante ferroviaria de Burgos 20,3 En servizo (en ancho ibérico) (12/12/2008)

Burgos - Miranda de Ebro - Vitoria[editar | editar a fonte]

Actualmente a maior parte dos tramos atópanse en proxecto ou nos trámites inmediatamente anteriores ao seu inicio, tal como mostra a seguinte táboa.[4] Os proxectos van con atraso, xa que se introduciron modificacións para que a liña pasase de velocidades máximas de 220 km/h a 350 km/h.

Tramo km Estado (data BOE) Prazo de execución
Variante ferroviaria de Burgos - Fresno de Rodilla 8 Proxecto adxudicado (5/6/2009) 12 meses
Fresno de Rodilla - Quintanavides 8,2 Proxecto adxudicado (1/7/2009) 12 meses
Quintanavides - Prádanos de Bureba 7,7 Proxecto adxudicado (21/7/2009) 12 meses
Prádanos de Bureba - Briviesca 7,3 Proxecto adxudicado (3/8/2009) 12 meses
Briviesca - Fuentebureba 10,1 Proxecto adxudicado (21/8/2009) 12 meses
Fuentebureba - Pancorbo 7,8 Proxecto adxudicado (21/8/2009) 12 meses
Pancorbo - Ameyugo 6,6 Proxecto adxudicado (5/6/2009) 12 meses
Ameyugo - Miranda de Ebro 7,3 Proxecto adxudicado (5/6/2009) 12 meses
Integración do ferrocarril en Miranda de Ebro 6,0 Proxecto adxudicado (5/6/2009) 12 meses
Miranda de Ebro - Armiñón 6,2 Proxecto adxudicado (21/8/2009) 12 meses
Armiñón - La Puebla de Arganzón 6,6 Proxecto adxudicado (21/9/2009) 12 meses
La Puebla de Arganzón - Iruña Oka 7,4 Proxecto adxudicado (7/10/2009) 12 meses

Instalacións e puntos quilométricos Venta de Baños-Burgos[editar | editar a fonte]

Punto quilométrico Instalación
Ramal Palencia-Soto de Cerrato
000,000 Bifurcación Cerrato (bifurcación cara Venta de Baños) pk 222,651 da liña Valladolid-León (inicio vía única: 4,485 km)
004,485 Bifurcación Soto de Cerrato AV (incorporación dende Venta de Baños) pk 222,674 da liña Venta de Baños-Burgos
Liña principal Venta de Baños-Burgos
217,578 Bifurcación Venta de Baños AV (bifurcación cara Palencia)
222,674 Bifurcación Soto de Cerrato AV (incorporación dende Palencia)
223,000 Bifurcación La Vega (inicio vía única: 81,654 km; ata aquí: 5,422 km de vía dobre)
240,736 PCA Torquemada
257,565 Semi-PAET Río Arlanzón (vía xeral e outra vía de apartado á dereita)
270,206 PCA Villaquirán
282,378 Semi-PAET Estépar
288,902 PAET Buniel (PAET anulado con dúas vías xerais)
289,552 Cambiador de Quintanilleja (anulado)
293,291 PCA Villalbilla
304,041 Burgos-Rosa de Lima (124,732 km ata Valladolid-Campo Grande)
304,654 Cambiador de Burgos (dual TCRS3 Talgo e CAF)
PAET: Posto de adiantamento e estacionamento de trens (con plataformas)
PB: Posto de banalización (onde se pode cambiar a vía de circulación)
PCA: Posto de cantonamento automático (edificio técnico para o bloqueo)

Estacións[editar | editar a fonte]

Burgos Rosa de Lima[editar | editar a fonte]

A estación de Burgos-Rosa de Lima é unha estación de ferrocarril situada na cidade de Burgos. Atópase ao norte da cidade e foi inaugurada oficialmente o 12 de decembro de 2008.

Construíuse dentro da variante ferroviaria de Burgos que elimina o paso de trens polo centro da cidade. A nova estación está a ser preparada para a chegada da alta velocidade. Contará finalmente con dúas vías de ancho ibérico entre as dúas primeiras plataformas, outras dúas de ancho estándar, unha na segunda plataforma e outra na última e, entre elas, outras dúas vías pasantes sen plataforma.[5]

Miranda de Ebro[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estación de Miranda de Ebro.

A estación de Miranda de Ebro é unha estación de ferrocarril situada na cidade de Miranda de Ebro. É un importante nó ferroviario onde conflúen as liñas Madrid-Irún e Castejón-Bilbao. Foi inaugurada en 1862, sendo unha das estacións máis antigas do país.

Será a única estación da liña que non se demolerá, senón que se rehabilitará debido ao seu valor histórico. O proxecto para Miranda de Ebro establécese como unha estación intermodal. Os edificios da actual estación serán rehabilitados para acoller os servizos de tren convencional, e contigua a ela construíuse a moderna estación de autobuses, que conta con aparcadoiro en superficie para os servizos de ambas as estacións. A continuación do mesmo previuse construír unha nova terminal para a alta velocidade, instalando as súas plataformas ao redor da vía 12 da estación actual.[6] Con esta acción habilitaranse dúas estacións de ferrocarril contiguas para os dous tipos de ancho, unidas á terminal de autobuses. Isto permitirá que a futura estación de alta velocidade para Miranda de Ebro sitúese en pleno centro da cidade, xa que a terminal situarase a pé de rúa, concretamente na Ronda del Ferrocarril. Tamén se procedeu a peonalizar totalmente a Plaza de la Estación.

Nesta estación está prevista a unión desta liña de alta velocidade coa LAV Logroño–Miranda de Ebro.

Vitoria[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estación de Vitoria.

A estación de Vitoria é unha estación de ferrocarril situada na cidade de Vitoria. O actual edificio atópase no centro da cidade e inaugurouse en 1935.

Do mesmo xeito que en Valladolid, en Vitoria planéase o soterramento do trazado ferroviario para a chegada do AVE. Para iso prevese a construción dun túnel de 6,8 km e unha nova estación baixo o Parque de Arriaga. A estación contará con seis vías pasantes que se atoparían a 17 metros de profundidade. O custo total do soterramento do tren en Vitoria ascende a 476 millóns de euros.[7]

Nesta estación terá lugar a unión desta liña de alta velocidade co Y Vasco.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O AVE chegará este ano a Castelló, Burgos, Granada, Murcia e ás portas de Galicia
  2. "Liña Venta de Baños - Burgos - Vitoria / Fronteira Francesa. ADIF". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 19 de febreiro de 2017. 
  3. Cadro de Velocidades Máximas nº 1 de ADIF
  4. 4,0 4,1 Datos da Federación Castellano Manchega de Amigos del Ferrocarril
  5. Proxecto construtivo en execución de INECO e ADIF
  6. Antón, Gonzalo (2010). "A nova estación do AVE irá a continuación da de autobuses" (1 de decembro ed.). Diario de Burgos. Consultado o 2011. 
  7. "Fomento comprométese a financiar o 51% do soterramento do tren en Vitoria" (23 de xullo ed.). El Correo. 2008. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2008. Consultado o 2009.  |first1= sen |last1= in Authors list (Axuda)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]