Iruña Oka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°49′09″N 2°48′46″O / 42.81917, -2.81278

Xardín botánico de Santa Catalina

Iruña Oka (en castelán: Iruña de Oca e oficialmente Iruña Oka/Iruña de Oca) é un concello de Áraba, no País Vasco. Pertence á cuadrilla de Añana e tiña en 2015 unha poboación de 3.172 habitantes.

O concello de Iruña Oka formouse en 1976 pola fusión dos concellos de Iruña (Víllodas e Trespuentes) e Nanclares de la Oca (Nanclares de la Oca, Ollávarre e Montevite).

Está formado por cinco localidades, que forman a súa vez concejos: Nanclares de la Oca/Langraiz Oka (capital), Mandaita/Montevite, Ollávarre/Olabarri, Tresponde/Trespuentes e Víllodas/Billoda.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]