Terre-de-Bas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Terre-de-Bas
Terre-de-Bas des Saintes
Terre-de-Bas vista desde o outeiro de Chameau en Terre-de-Haut.
Localización da illa
Situación
País Francia
Departamento de ultramarGuadalupe
ProvinciaLes Saintes
ArquipélagoAntillas Menores
MarMar Caribe
Coordenadas15°51′15″N 61°37′58″O / 15.85417, -61.63278Coordenadas: 15°51′15″N 61°37′58″O / 15.85417, -61.63278
Xeografía
XeoloxíaIlla volcánica
Superficie6´8 km²
Punto máis alto293 m. Outeiro de Abymes
Demografía
CapitalPetite-Anse
Poboación1 093 hab. (2013)
Densidade160´74 hab./km²
Lingua propiaFrancés, Crioulo antillano


A illa de Terre-de-Bas (oficialmente en francés: Terre-de-Bas des Saintes (literalmente: terra baixa de Les Saintes)) é unha illa no arquipélago de Les Saintes, nas Antillas Menores.

Pertence á comuna (municipio) de Terre-de-Bas no departamento francés de Guadalupe.[1]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

Terre-de-Bas é a illa máis occidental do arquipélago de Les Saintes. Do mesmo xeito que a súa veciña Terre-de-Haut, que debe o seu nome a fala marítima que chama as illas expostas ao vento terras altas e as protexidas do vento terras baixas. É unha illa de 9 km² dominada por un macizo montañoso pque aloxa un bosque protexido no seu centro (outeiroMorne à Coq, outeiro Morne Paquette, outeiro Morne Madis, outeiro Morne Abymes) e unha costa chea de cantils e picos (en francés: Pointe) (pico Pointe à Nègre, cantil Gros cap, pico Pointe à Vache, pico Pointe Noire, pico Pointe Sud). O punto máis alto da illa é o outeiro Abymes cunha altura de 293 m. Terre-de-Bas está separada de Terre-de-Haut por unha estreita canle de 890 m. Ademais de Terre-de-Haut, varias pequenas illas rodean Terre-de-Bas:


Zonas poboadas[editar | editar a fonte]

Unhas poucas vilas distribuense polos outeiros no interior. Petite-Anse, a vila máis importante da illa atópase nun val rodeado de montañas e sen vista sobre o mar. Petite-Anse é a vila onde están os edificios administrativos da municipalidade (concello, oficina de correos, escolas), no lado oposto do porto principal. O asentamentos máis antigos que aínda permanecen son as localidades de Grande-Anse e Petite-Anse. A poboación repártese en 5 barrios (distritos), máis ou menos ben delimitados. Agrúpanse en dúas metades:

leste Oeste
Barrio Barrio
1
2
3
Anse des Mûriers
Grande-Anse
Grand-Baie
4
5
Petite-Anse
le Mapou

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]