Saltar ao contido

Leprosaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moeda filipina dun peso de 1922, da leprosaría da illa Culion

Unha leprosaría ou leprosería (tamén denominada lazareto) é un hospital ou instalación similar, máis ou menos illada, onde se tratan enfermidades infecciosas. Historicamente utilizáronse para coidar doentes con enfermidades pouco o nada infecciosas, como a lepra ou a tuberculose, e algunhas destas instalacións eran máis ben centros de reclusión, sen ningún tipo de coidados médicos nin salubridade.

Antigamente as leprosarías eran establecementos aos que se enviaban os leprosos co fin de illalos do resto da poboación, nun intento de conter o contaxio da doenza. Foron un efecto secundario cultural da lepra, unha das doenzas infecciosas máis mortais e mutiladoras de todos os tempos, e que causaba verdadeiro pánico (e, en consecuencia, o rexeitamento social dos leprosos). Alí, cada doente tiña que coidarse por si mesmo, pois non había moita axuda externa. Eran lugares crueis, sen lei e con pouca protección. Os roubos, a violencia e os abusos eran comúns.

Leprosarías famosas e duradeiras foron as de Kalaupapa (Hawai), Chacachacare (Trindade) e Spinalonga (Creta). Diversas colonias situábanse en illas, para afastar mellor aos doentes do resto da poboación. Algunhas chegaron mesmo a cuñar moeda, seguindo a idea de que, de permitir que os leprosos apalpasen o diñeiro normal, a doenza espallaríase máis facilmente.

A lepra existe aínda hoxe, principalmente nos países subdesenvolvidos, pero é facilmente tratada con antibióticos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]