Saltar ao contido

Leporello (libro)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Tipos de libros ou folletos dobrados. O número 4 é o tipo acordeón.

O leporello, tamén chamado libro de friso, libro de acordeón, ou só acordeón,[1] é un libro que se desprega coma un acordeón grazas a unha técnica particular de dobrar e pegar as súas páxinas.

Terminoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra alude a Leporello, servo de Don Juan, que lle presenta a Dona Elvira a longa lista de conquistas do seu amo, dobrada nun acordeón, no primeiro acto da ópera de Mozart Don Giovanni (oíndose a aria "Madamina, il catalogo è questo").[2]

Códice Zouche-Nuttall.

Utilízase principalmente para series de fotos e imaxes (postais), folletos publicitarios ou libros de literatura infantil, ou en blocs, industriais ou feitos manualmente, para esbozos ou croquis. Tamén se utilizaba para impresións de código ou datos de computación.

Na América precolombiana producíronse códices con esta mesma técnica, como os códices mixtecos Nuttall e Vindobonense.[3]

  1. Vidal, Sebastián (2023-06-30). "Como facer un acordeón para un exame ▷". Consultado o 2024-06-18. 
  2. Becerra Suárez, Carmen (2006). "El mito de Don Juan en la cultura y la literatura gallega". Hispanística XX 23: 511–527. ISSN 0765-5681. 
  3. "Códice Vindobonensis". Arqueología Mexicana (en castelán). 2022-05-30. Consultado o 2024-06-18. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]