Saltar ao contido

Codex Nuttall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Codex Zouche-Nuttall
Autor/aDescoñecido
Ilustrador/aDescoñecido
OrixeCultura mixteca. Actualmente conservado en Inglaterra.
ColecciónCódice mixteca, en posesión do Brittish Museum
Tema(s)Historiografía dinástica mixteca
FormatoLeporello
editar datos en Wikidata ]
Codex Nuttall despregado

O Codex Nuttall, tamén coñecido como Codex Zouche-Nuttall é un dos manuscritos iluminados precolombianos superviventes dos mixtecas, probabelmente do século XIV.

Descrición[editar | editar a fonte]

Páxina 22 do codex.

O códice é un libro acordeón ou Leporello de 96 páxinas e aproximadamente 11 metros de lonxitude, feito de pel de cervo, cuberto cunha capa de xeso pulido e pintado por ambas as caras con pictogramas e ideogramas en 86 páxinas utilizando pigmentos vexetais e minerais. Os laterais miden 25,5 cm de ancho e 19 cm de alto.

Orixe[editar | editar a fonte]

O códice procede da zona da actual Oaxaca en México. En 1519, Hernán Cortés enviou dous libros dos indios (“Dos libros de los que tienen los yndios”) ao rei Carlos V, un dos cales crese que é o Codex Nuttall.

O códice foi atopado de novo en 1854 no mosteiro de San Marco en Florencia.[1] En 1917 o Museo Británico de Londres adquiriu o códice (Add. Mss. 39671), que está baixo o control da Biblioteca Británica desde 1973.[2]

Contidos[editar | editar a fonte]

O códice contén unha historiografía dinástica coa que se poden trazar liñas de gobernantes ao longo de varios séculos.== Notas ==

  1. Nuttall, Zelia; Zouche, Robert Nathaniel Cecil George Curzon; Peabody Museum of Archaeology and Ethnology (1902). Codex Nuttall; facsimile of an ancient Mexican codex belonging to Lord Zouche of Harynworth, England. Cambridge, Mass., Peabody Museum of American Archaeology and Ethnology, Howard University. 
  2. Autor descoñecido (1500). Codex Zouche Nuttall (British Museum ADD. MSS 39671). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]