Lepidopus caudatus
Lepidopus caudatus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Lepidopus caudatus (Euphrasen, 1788) |
Lepidopus caudatus é unha especie de peixe teleósteo da orde dos perciformes, suborde dos escombroideos, e familia dos triquiúridos, que é o tipo da subfamilia dos lepidopodinos,[1] que son coñecidos vulgarmente como sabres,[2][3] ou peixes sabre.[4]
Taxonomía[editar | editar a fonte]
Descrición[editar | editar a fonte]
A especie foi descrita polo médico, botánico, zoólogo e explorador sueco Bengt Anders Euphrasén,[1] un dos discípulos de Linneo), baixo oi nome de Trichiurus caudatus.
Posteriormente foi incluída no xénero Lepidopus, que creara en 1863 o botánico e ictiólogo francés Antoine Goüan.
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
O epíteto específico, caudatus, e o nominativo singular masculino do adxectivo latino caudatis, -a -um, derivado do substantivo cauda, -ae, "cola", facendo referencia á (longa) cola deste peixe.
Nota: para a etimoloxía do nome xenérico, ver Lepidopus.
Sinónimos[editar | editar a fonte]
Ademais do nome que lle impuxo Euphrasen (que é o basónimo), ao longo do tempo a especie foi coñecida polos sinónimos seguintes:[1]
- Lepidopus argenteus Bonnaterre, 1788
- Lepidopus gouanianus Lacepède, 1800
- Lepidopus lex Phillipps, 1932
- Lepidopus peronii Risso, 1810
- Lepidopus xantusi Goode & Bean, 1896
- Scarcina argyrea Rafinesque, 1810
- Trichiurus caudatus Euphrasen, 1788 (basónimo)
- Trichiurus ensiformis Vandelli, 1797
- Trichiurus gladius Holten, 1802
- Vandellius lusitanicus Shaw, 1803
- Ziphotheca tetradens Montagu, 1811
Galería[editar | editar a fonte]
Lámina do libro Le règne animal distribué d'après son organisation, de Georges Cuvier (Tomo 8), 2ª ed., 1828, representando a especie Lepidopus argyreus (hoxe L. caudatus).
Debuxo de Lepidotus caudatus na obra The Royal Natural History, 1896.
Lámina de Lepidouos caudatis na obra de Jonathan Couch (1877) History of the Fishes of the British Isles, 1877.
Esqueleto da cabeza.Museo Nacional de Historia Natural de Francia.
Exemplares á venda nun mercado de Sicilia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Lepidopus caudatus (Euphrasen, 1788) no WoRMS,
- ↑ sabre 2 ANIMAL/ICT1 Peixe, que pertence aos xéneros Ruvettus, Trichiurus, Nesiarchus, que se caracteriza por presentar o corpo comprimido e fino. No Dicionario de galego, Vigo, Ir Indo, 2004, ISB N 84-7680.504-7.
- ↑ Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 178.
- ↑ Lepidopus caudatus (Euphrasen, 1788), en: Rodríguez Villanueva et al. (1994), pp. 224-225.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lepidopus caudatus ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lepidopus caudatus |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU.: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega, S, A. ISBN 84-282-1161-2, pp. 234-235.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos: xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-793-5, pp. 224–229.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Lepidopus caudatus (Euphrasen, 1788) no WoRMS.
- Lepidopus caudatus (Euphrasen, 1788) no ITIS.
- Lepidopus caudatus Arquivado 25 de decembro de 2016 en Wayback Machine. na EOL.
- Lepidopus caudatus (Euphrasen, 1788) en FishBase (en inglés).
- Lepidopus caudatus Arquivado 26 de decembro de 2016 en Wayback Machine. en Marine Species (en inglés).
- Fotos de Lepidopus caudatus en FishBase.
![]() |
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |