Escombroideos
Escombroideos Scombroidei | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xarda (Scomber scombrus) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||||||||
|
A dos escombroideos (Scombroidei) é unha suborde de peixes osteíctios da orde dos perciformes,[1] que é a orde máis grande dos peixes.
Son xeralmente peixes de gran tamaño, migradores oceánicos de longo percorrido.
A suborde inclúe, entre outras moitas, especies como os atúns, os bonitos, a xarda e o peixe espada.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A suborde foi descrita en 1859 polo naturalista, anatomista comparativo e ictiólogo neerlandés, experto no estudo comparado dos peixes —fundamente da ictioloxía— do leste asiático, Pieter Bleeker.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico da suborde está formado, como é habitual, sobre a raíz do nome do seu xénero tipo. Scomb(e)r (xénero ao que pertence a xarda), suprimindo o e para facilitar a pronuncia e engadíndolle o sufixo do latín científico -oidei, propio das subordes de animais.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Unha clasificación controvertida
[editar | editar a fonte]— Segundo o WoRMS, a suborde comprende as tres familias seguintes:[1]
- Familia Gempylidae Gill, 1862
- Familia Scombridae Rafinesque, 1815
- Familia Trichiuridae Rafinesque, 1810
— Porén, segundo o ITIS, as familias son catro:[2]
- Familia Gempylidae
- Familia Scombridae
- Familia Scombrolabracidae [3][4]
- Familia Trichiuridae
Cronoloxía
[editar | editar a fonte]Os datos paleontolóxicos coñecidos indican a seguinte secuencia de aparición dos xéneros da suborde dos escroimbroideos:
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Scombroidei Bleeker 1859
- ↑ Scombroidei no ITIS.
- ↑ Segundo o WoRMS, esta familia formaría, por si soa, a suborde dos escombrolacoideos Scombrolabracoidei.
- ↑ Scombrolabracoidei no WoRMS.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escombroideos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Escombroideos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU.: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York, EE. UU.: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Scombroidei Bleeker 1859 Arquivado 24 de decembro de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- Scombroidei no WoRMS.
- Scombroidei no ITIS.
- Scombroidei na EOL.