Saltar ao contido

Leopoldo Durán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLeopoldo Durán
Biografía
Nacemento1917 Editar o valor en Wikidata
Couso, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de abril de 2008 Editar o valor en Wikidata (90/91 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico, escritor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1137273 Dialnet: 1814137

Leopoldo Durán Justo, nado en Penedo (Avión) en 1917 e finado en Vigo o 10 de abril de 2008, foi un crego católico e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ordenouse sacerdote en Astorga en 1943 e doutorouse en teoloxía en Roma, en filosofía na Universidade Complutense de Madrid,onde impartiu clases, e en literatura inglesa no King's College de Londres, cunha tese sobre a figura do crego na narrativa de Graham Greene. Foi profesor de literatura, de filosofía e de teoloxía en varios seminarios maiores. Viviu en Inglaterra durante unha trintena de anos, e alí foi onde coñeceu, en 1972, o escritor sobre o que fixera a tese. A partir dese momento acompañou o escritor nas súas viaxes e estadías, tanto en Galicia e España como en Nisa e en Vevey, onde faleceu o novelista.

Patrón durante dous anos da fundación que levaba o nome do escritor, dise que a súa figura inspirou algunha das obras de Greene, como Monseñor Quijote, onde se retrata a emigración de Avión a México, se ben el negaba esa posibilidade[1].

En 2024 Aser Álvarez empezou a preparación dun proxecto sobre o escritor Graham Greene, a súa estadía na Galiza e a súa amizade co cura Leopoldo Durán.[2]

  • La crisis del sacerdote en Graham Greene ( 1974)
  • Estudio sobre 'El poder y la gloria' (1981)
  • Miguel de Palacios: Un gran teólogo desconocido (1988)
  • Graham Greene, friend and brother (1994)
  • Graham Greene: An Intimate Portrait (1995)
  • Los médicos y Graham Greene (1998).
  • Soledades y sonetos terribles (2000)
  1. Leopoldo Durán, el cura confidente de Graham Greene, El País, 25/04/08
  2. Xestoso, Manuel (28 de agosto 2024). "Graham Greene, os servizos secretos británicos e un sacerdote de Avión. O cura galego Leopoldo Durán realizou quince viaxes pola península Ibérica en compaña do escritor británico. Leopoldo Durán e Graham Greene nunha das súas viaxes pola península Ibérica". Nós Diario: 28, 29.