Leopoldo Durán
Leopoldo Durán | |
---|---|
Nacemento | 1917 |
Lugar de nacemento | Couso |
Falecemento | 10 de abril de 2008 |
Lugar de falecemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | sacerdote católico e escritor |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Leopoldo Durán Justo, nado en Penedo (Avión) en 1917 e finado en Vigo o 10 de abril de 2008, foi un crego católico e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ordenouse sacerdote en Astorga en 1943 e doutorouse en teoloxía en Roma, en filosofía na Universidade Complutense de Madrid,onde impartiu clases, e en literatura inglesa no King's College de Londres, cunha tese sobre a figura do crego na narrativa de Graham Greene. Foi profesor de literatura, de filosofía e de teoloxía en varios seminarios maiores. Viviu en Inglaterra durante unha trintena de anos, e alí foi onde coñeceu, en 1972, o escritor sobre o que fixera a tese. A partir dese momento acompañou o escritor nas súas viaxes e estadías, tanto en Galicia e España como en Nisa e en Vevey, onde faleceu o novelista.
Patrón durante dous anos da fundación que levaba o nome do escritor, dise que a súa figura inspirou algunha das obras de Greene, como Monseñor Quijote, onde se retrata a emigración de Avión a México, se ben el negaba esa posibilidade[1].
Obras[editar | editar a fonte]
- La crisis del sacerdote en Graham Greene ( 1974)
- Estudio sobre 'El poder y la gloria' (1981)
- Miguel de Palacios: Un gran teólogo desconocido (1988)
- Graham Greene, friend and brother (1994)
- Graham Greene: An Intimate Portrait (1995)
- Los médicos y Graham Greene (1998).
- Soledades y sonetos terribles (2000)