Leiqui Uriana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leiqui Uriana
Nacemento24 de xaneiro de 1983
Lugar de nacementoMaracaibo
NacionalidadeVenezuela
Ocupacióndirectora de cine e cineasta
Na rede
Instagram: leicaruh Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Leiqui del Carmen Uriana Henríquez, nada en Maracaibo, Zulia, Venezuela o 24 de xaneiro de 1983, é unha xornalista, cineasta, produtora e activista wayuu do clan Sijona. É a directora xeral de Anakaa Film e fundadora e membro da Rede de Comunicadores wayuu na Guajira colombo-venezolana.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade de Maracaibo, entre os asentamentos wayuu que se estabeleceron na capital do estado Zulia. Leiqui Uriana é unha das primeiras mulleres wayuu en liderar o cinema colombo-venezolano dende a perspectiva e o enfoque dos pobos indíxenas.[2] Comezou a súa carreira profesional aspirando a graduarse de enfermeira, posteriormente decide facer un cambio nas súas metas por mor dun encontro co realizador, cineasta e antropólogo francés Xavier Larroque, de quen foi intérprete durante a visita á súa comunidade.[3] Comezou a súa carreira de comunicación social mentres traballou na canle venezolana Vivetv presentando reportaxes documentais sobre a situación dos indíxenas que viven nas cidades.[3] Centrouse en amosar a perspectiva indíxena en cada proxecto audiovisual co obxectivo de facerlle fronte á terxiversación dos costumes e modos de vida indíxenas.[4]

Posteriormente foi escollida para unha bolsa en Cuba, na Escola Internacional de Cinema e Televisión de San Antonio de los Baños, na que estivo tres anos para prepararse como directora de documentais. Durante a súa estadía relaciónase con diversos líderes e lideresas de todo o mundo. Obtén o seu título no ano 2012, para logo retornar ao seu país e dirixir diversas actividades e proxectos enmarcados en fortalecer a imaxe e o liderado dos mozos indíxenas fronte a temas transversais como a reafirmación cultural e o etnocentrismo presente nos medios audiovisuais estabelecidos.[3]

Carreira[editar | editar a fonte]

Traballou en máis de 32 documentais para televisión como o Niña shua de Patricia Ortega e Shawantama'ana de Yanilu Ojeda, en ámbolos dous como asistente de produción e dirección. Dirixiu o documental El Cedrón mentres estaba en Cuba. Participou nos documentais creados no marco do proxecto Ser un ser humano da EICTV. No ano 2017 participou como asistente de produción no filme wayuu Pájaros de verano,[5] e no ano 2019 participou na produción xeral da película El regreso al mar de mis muertos.[1]

Viaxe a Bilbao[editar | editar a fonte]

No ano 2012, Leiqui Uriana condenou o maltrato que sufriu durante unha viaxe cara ao continente europeo en vésperas do Festival Internacional de Cinema Invisible de Bilbao, para a mostra do proxecto “Ser un Ser Humano”. Uriana denunciou un trato discriminatorio por parte das autoridades do aeroporto Simón Bolívar en Caracas, as cales usaron a súa orixe étnica e trazos físicos para retela e sometela a un procedemento antiterrorista.[6]

Mostra de cinema e vídeo wayuu[editar | editar a fonte]

Leiqui Uriana, xunto á rede de comunicadores wayuu, púxose á fronte da mostra de cinema e vídeo wayuu, cuxo obxectivo é ter un espazo de difusión, fortalecemento e socialización dos diversos traballos adiantados por realizadores e mozos wayuu de acordo a diferentes temáticas. As diversas mostras son expostas en espazos con participación das comunidades wayuu nos diferentes territorios. Cada ano a mostra cambia de temática de acordo ao grupo organizador, sempre enfocados no pobo wayuu e mais outros pobos indíxenas convidados de Colombia.[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]