Leila Nachawati

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Leila Nachawati
Leila Nachawati 2017 (cropped).jpg
Nacemento1978
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade de Granada
Ocupaciónacadémica e Activista polos dereitos humanos
editar datos en Wikidata ]

Leila Nachawati Rego, nada en Santiago de Compostela en 1978,[1] é unha escritora, activista e propagandista sirio-galega. É profesora de Comunicación na Universidade Carlos III de Madrid e é especialista en temas de Oriente Medio e África. Colabora con varios medios de comunicación estranxeiros como Global Voices Online, Global Voices Advocacy ou a emisora propiedade da familia real catarí Al Jazeera, e tamén medios españois como El Mundo ou Eldiario.es.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de pai sirio e nai galega, estudou filoloxía inglesa na Universidade de Santiago de Compostela. Viviu tres anos en Kansas (Estados Unidos) onde estudou crítica literaria. Trasladouse a Granada, onde se licenciou en filoloxía árabe e fixo unha mestría en Cooperación Internacional ó Desenvolvemento que puxo en práctica en Tetuán (Marrocos).[2] É profesora de Comunicación na Universidade Carlos III de Madrid, onde imparte clases de Xornalismo Internacional, Violencia nos Medios, e Comunicación e Participación Cidadá na Rede. Ademais comezou o seu doutoramento nesta mesma universidade. Nachawati fala galego, castelán, inglés e árabe.

Notas[editar | editar a fonte]