Your Decision
| "Your Decision" | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| sinxelo de Alice in Chains | |||||
| do álbum Black Gives Way to Blue | |||||
| Lanzamento | 16 de novembro do 2009 | ||||
| Formato | descarga dixital | ||||
| Gravada | 2008 - 2009 | ||||
| Xénero musical | rock alternativo | ||||
| Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
| Duración | 4:43 | ||||
| Discográfica | Virgin/EMI | ||||
| Produtor(es) | Nick Raskulinecz | ||||
| Escritor(es) | Jerry Cantrell | ||||
| Cronoloxía | |||||
| |||||
| Miscelanea | {{{miscelanea}}} | ||||
"Your Decision" é unha canción da banda estadounidense de metal alternativo Alice in Chains, editada como terceiro sinxelo do seu cuarto álbum de estudio Black Gives Way to Blue o día 16 de novembro do 2009 no Reino UNido, e o 1 de decembro nos Estados Unidos. O tema acadou o número 1 das listas da Billboard Rock Songs e Hot Mainstream Rock Tracks, e o número 4 da Alternative Songs. Este feito fixo de Alice in Chains o primeiro artista en ter dúas cancións na cima das listas estadounidenses Rock Songs.
O vídeo musical da canción foi dirixido por Stephen Schuster e estivo dispoñible en iTunes o 1 de decembro do 2009. É unha homenaxe ás películas de Stanley Kubrick, como The Shining e Eyes Wide Shut. No vídeo aparece a modelo californiana Sarah Stage.
O tema foi usado nun capítulo da serie CSI: Crime Scene Investigation, e o 12 de xaneiro do ano 2010 foi publicado como contido descargable para o videoxogo Rock Band.