Mike Starr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMike Starr

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de abril de 1966 Editar o valor em Wikidata
Honolulu, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte8 de marzo de 2011 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Salt Lake City, Utah, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSobredose Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónHighline High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbaixista , cantante , guitarrista , músico , teclista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor em Wikidata - 1993 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoGlam metal e Grunge Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoBaixo Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoColumbia Records Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0823564 Musicbrainz: ea18134b-c9d7-454f-8407-8abe0eb5f423 Songkick: 1694738 Discogs: 556229 Allmusic: mn0003349224 Find a Grave: 66660320 Editar o valor em Wikidata

Michael Christopher Starr, nado o 4 de abril de 1966 en Honolulu, Hawai e finado o 8 de marzo de 2011 en Salt Lake City, foi un músico estadounidense. Foi o baixista orixinal da banda de grunge Alice in Chains, e estivo no grupo dende 1987 ata 1993. Encargouse do baixo nos traballos We Die Young, Facelift, Sap e Dirt e deixou a banda no medio da xira deste último álbum.

Posteriormente tocou o baixo na banda Sun Red Sun, que contaba na súa formación con Ray Gillen e Bobby Rondinelli, antigos membros de Black Sabbath.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antes de unirse a Alice in Chains, Starr estivo en dúas bandas distintas. Unha chamábase Gypsy Rose, e contaba co produtor Tim Branom, que traballou con Alice in Chains nos seus inicios. Despois, entre 1983 e 1984 tocou nun grupo de heavy metal chamado SATO, onde gravou o tema "Leather Warriors" para o recompilatorio Northwest Metalfest, editado en 1984 polo selo de Seattle Ground Zero Records.

A mediados dos 80 Jerry Cantrell creou unha banda, onde tamén estaba o batería Sean Kinney e Starr no baixo. O compañeiro de habitación de Cantrell, o vocalista Layne Staley, aceptou unirse a eles se Cantrell entraba bo seu proxecto funk, que rematou pouco tempo despois. A banda comezou a gañar a atención na zona de Seattle tocando con diferentes nomes antes de pasar a chamarse Alice in Chains. Posteriormente asinarían un contrato con Columbia Records e tiveron bastante éxito no movemento grunge de principios dos 90.

Starr deixou Alice in Chains durante a xira do álbum Dirt. Segundo sixo Layne Staley nun artigo da Rolling Stone de febreiro de 1994, a saída de Starr debeuse só a "unha diferenza de prioridades. Nós queríamos continuar xirando extensamente. Mike estaba listo para irse a casa"[1]. Starr, porén, mencionou nun episodio de Celebrity Rehab que foi expulsado da banda debido á súa adicción ás drogas. O tema non editado "Misery, Crack Pipes, and Gothic Main Lines", composto nese período, fai alusión ao abuso das drogas por parte de Starr.

Starr tocou posteriormente na banda Sun Red Sun, pero o proxecto rematou pronto debido á morte de Ray Gillen en 1993. No ano 2010, Starr informou que estaba traballando co seu novo grupo, que realizaría unha xira con Days of the New. Porén, estes plans non se levaría a cabo debido á súa repentina morte.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rolling Stone - The Real Dirt". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2011. Consultado o 05 de decembro de 2011.