Saltar ao contido

Lavandeira real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lavandeira real
 Nome taxon
    Motacilla cinerea
 Nome curto
    M. cinerea (mul) Editar o valor en Wikidata
Femia
Femia ♀
Macho
Macho ♂
 Instancia de
Características
 Ciclo diurno
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaMotacillidae
XéneroMotacilla
EspecieMotacilla cinerea Editar o valor en Wikidata
Tunstall, 1771 Motacilla cinerea Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
 Envergadura
   26 cm Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   4,6 Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   13 d Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Ave do Ano (2025) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01xl3r Editar o valor en Wikidata
ITIS178480 Editar o valor en Wikidata
OTT489154 Editar o valor en Wikidata
UICN22718392 Editar o valor en Wikidata
CoL44G9B Editar o valor en Wikidata
EOL16990687 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A lavandeira real,[1] Motacilla cinerea, é unha ave da orde dos paseriformes e familia dos motacílidos, dos que é a especie máis esvelta, e coa característica cola máis longa.

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha ave duns 19 cm de lonxitude, de coloración gris verdosa no dorso, e amarela na rabadilla e en partes inferiores. A cola está sempre en movemento, e voando amosa unha liña branca na á. Os machos diferéncianse das femias pola presenza neles dunha mancha negra na gorxa durante o período de reprodución.[2]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Ocupa o norte de África e gran parte de Europa, estendéndose por Asia até o Xapón,[3] estando representada por varias subespecies.[4] A poboación ibérica peninsular nidifica nas zonas montañosas, acudindo na invernada ás chairas cerealeiras e campiñas, procedente do centro e norte de Europa, morando na península uns seis meses, chegando de agosto a novembro, e retornando ás súas áreas de procedencia entre febreiro e abril.[5]

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Recoñécense as seguintes subespecies:[6]

  • M. cinerea canariensis Hartert, 1901, nas Illas Canarias, onde se coñece como alpispa.[7]
  • M. cinerea cinerea, no Norte de África e Eurasia.
  • M. cinerea patriciae Vaurie, 1957, nos Azores.
  • M. cinerea schmitzi Tschusi, 1900, en Madeira.

Comportamento

[editar | editar a fonte]
Motacilla cinerea schmitzi

Normalmente solitaria, vese cerca da auga movendo continuamente a cola. Polo chan desprázase dando lixeiros choutos, botando a cabeza cara a adiante. Os voos son tamén rápidos, con fortes xiros, para os que se axuda da súa longa cola.

Constrúe os seus niños en rochas próximas a ríos e regatos, xa que está moi ligada á auga, doce, de onde obtén a maioría dos dípteros dos que se alimenta. En inverno, co aumento da poboación polos individuos migradores, pode aniñar incluso en cidades. Realiza dúas postas anuais, de 4 a 6 ovos, incubados sobre todo pola femia. O macho ocúpase da alimentación dos pitiños.

En canto aos seus patróns sociais, as parellas móstranse territoriais na época reprodutora. En inverno forman pequenos grupos, podendo chegar a constituír dormitorios nalgunhas construcións.[6]

  1. ↑ "Lavandeira". Digalego.xunta.gal. Consultado o 9 de agosto de 2019.
  2. ↑ Aves de España, de Eduardo de Juana e Juan M. Varela, Páx. 156. ISBN 84-87334-88-1.
  3. ↑ Vida en el Campo Grande (Las aves silvestres), de Luis Magdaleno Tejero, Páx. 43. ISBN 978-84-96421-65-3
  4. ↑ Avibase - the world bird database
  5. ↑ Guía de las aves de Castilla y León, de Joaquín Sanz Zuasti e Tomás Velasco, Páx. 255. ISBN 84-933730-2-8.
  6. 1 2 Vertebrados ibéricos
  7. ↑ Ficha de conservación da Motacilla cinerea[Ligazón morta] Consejería de Medio Ambiente y Ordenación Territorial do Gobierno de Canarias

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]