Marmaduke Tunstall
Marmaduke Tunstall | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1743 |
Lugar de nacemento | Burton Constable, Inglaterra |
Falecemento | 11 de outubro de 1790 |
Lugar de falecemento | Wycliffe |
Nacionalidade | británica |
Ocupación | ornitólogo |
Pai | Cuthbert Constable |
Nai | Elizabeth Heneage |
Profesión | ornitólogo |
Premios | membro da Royal Society e Fellow of the Society of Antiquaries |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Marmaduke Tunstall, nado en 1743 e finado o 11 de outubro de 1790, foi un ornitólogo inglés.
Foi o autor da Ornithologica Britannica (1771), probabelmente o primeiro traballo británico no que se utilizou a nomenclatura binominal.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tunstall naceu na vila de Burton Constable en Yorkshire do Leste, Inglaterra.
En 1760 herdou as terras familiares de Scargill, Hutton, Long Villers e Wycliffe. De confesión católica, foi educado en Douai, Francia.
Completados os seus estudos pasou a residir en Londres, onde fundou un amplo museo, así como unha gran colección de aves vivas e outros animais. Tras o seu su matrimonio en 1776 o museo se trasladousr a Wycliffe e xa daquela era un dos mellores de Inglaterra.
Tunstall foi membro da Sociedade de Anticuarios de Londres á idade de vinte e un anos e, en 1771, foi elixido membro da Royal Society.
A el débese a descrción do xénero Pyrrhocorax e das especies Falco peregrinus e Motacilla cinerea.
Morreu en Wycliffe e as súas facendas pasaron ao seu medio irmán William Constable.
Constable invitou a Thomas Bewick a Wycliffe, onde pasou dous meses facendo debuxoos dos espécimes de aves. A colección foi finalmente comprada pola Sociedade de Newcastle en 1822 e formou a base do Museo de Newcastle.
Abreviatura[editar | editar a fonte]
A abreviatura Tunstall emprégase para recoñecer a Marmaduke Tunstall como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marmaduke Tunstall ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Mullens, W. H.; Swann, H. K, (1917). A Bibliography of British Ornithology from the Earliest Times to the End of 1912. Londres: Macmillan.