Laura Mintegi
Laura Mintegi Lakarra | |
---|---|
![]() Laura Mintegi en xaneiro de 2010. | |
Nome completo | Laura Mintegi Lakarra |
Nacemento | 26 de outubro de 1955 |
Lizarra, ![]() | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade do País Vasco |
Ocupación | escritora, profesora universitaria e política |
Xéneros | Narrativa, ensaio, poesía |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Laura Mintegi Lakarra, nada en Lizarra (Navarra) o 26 de outubro de 1955, é unha escritora, profesora e política vasca. No ano 2012 foi candidata a lehendakari pola formación política Euskal Herria Bildu.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aínda que navarra de nacemento, dende nena vive en Biscaia, os primeiros anos en Bilbao e ultimamente en Algorta (Getxo).
É licenciada en Historia e doutora en Psicoloxía. Dende 1981 é profesora do Departamento de Lingua e Didáctica da Literatura da Universidade do País Vasco. Foi directora de Departamento dende o ano 1999 ao 2006 e, de novo, dende o 2010 até hoxe. Ademais é presidenta do PEN Club. Euskaltzaindia (a Academia da Lingua Vasca) nomeouna membro correspondente no ano 2006.
Atinxiu algúns premios literarios entre eles o Azkue de Novela, o da Cidade de Donostia e o Jon Mirande. Así mesmo foi membro do xurado doutros premios como o Certame de Narrativa María Maeztu, da Beka Joseba Jaka, do de Xornalismo Rikardo Arregi, do Anton Abaddia e do de Dereitos Humanos René Cassin. Colaboradora habitual quer nos medios audiovisuais (ETB, Hamaika Telebista, Bizkaia Irratia, Egin Irratia, Bilbo Hiria Irratia e Euskadi Irratia) quer nos escritos (Anaitasuna, Argia, Susa, Ttu-ttuá. Egin, Egunkaria, Gara, Berria, Jakin, Hegats e outros).
Traballos[editar | editar a fonte]
Na base de dados da comunidade científica vasca Inguma, aparecen mais de 40 traballos escritos por Laura Mintegi.[1]
Narración[editar | editar a fonte]
- Ilusioren ordaina ("O prezo da ilusión"), 1983, Erein
Novela[editar | editar a fonte]
- Bai… baina ez ("Si... pero non"), 1986, Susa. Reeditada en Elkarlanean, 1999.
- Legez kanpo ("Fóra da lei"), (1991, Elkar)
- Nerea eta biok ("Nerea e mais eu"), (1994, Txalaparta); traducido ao inglés.
- Sisifo maite minez ("Sísifo namorado"), (2001, Txalaparta); traducido ao castelán e holandés.
- Ecce homo (2006, Txalaparta); traducido ao castelán e alemán, e aparecido en alfabeto braille.
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Sujektibitatea euskal nobelagintzan: Stephen Crane-ren "The Red Badge of Courage" (A Subxectividade na novela vasca: "O vermello emblema da coraxe" de Stephen Crane) (1999, EHU - Universidade do País Vasco)
Biografía[editar | editar a fonte]
- Julene Azpeitia (1988, Eusko Jaurlaritza- Goberno Vasco)
Obra traducida[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ (en éuscaro) Laura Mintegiren produkzioa Inguma datu-basearen arabera (>40 produktu) Arquivado 11 de abril de 2019 en Wayback Machine.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Laura Mintegi ![]() |
- Laura Mintegi literaturaren zubitegian (en éuscaro)
- Subjektibitatea nobelagintzan. Stephen Crane-ren "The Red Badge of Courage" Arquivado 09 de decembro de 2012 en Archive.is (en éuscaro)
- Laura Mintegi Basque Literature-n (en éuscaro)