Saltar ao contido

War

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

War
Álbum de U2
Publicado28 de febreiro de 1983
Gravaciónsetembro - novembro de 1982
Estudio(s)Windmill Lane Studios, Dublín
Duración42:03
Xénero(s)post-punk, rock
Selo(s)Island Records
ProdutorSteve Lillywhite
Cronoloxía
October
(1981)
War Under a Blood Red Sky
(1983)
Na rede
http://www.u2.com/discography/index/album/tagName/Albums/albumId/4004
Spotify: 6GaqU0TlYBKHUiSJ0AT9A2 Discogs: 48830 Allmusic: mw0000650916 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

War é o terceiro álbum de estudio da banda irlandesa U2, editado o 28 de febreiro de 1983 a través do selo Island Records. É o primeiro traballo de U2 abertamente político, en parte grazas a cancións como "Sunday Bloody Sunday" e "New Year's Day", ademais de polo título do mesmo, que se deriva da percepción que tiña a banda do mundo naquel tempo.

Mentres que os teas centrais dos seus anteriores trabalos, Boy e October, centrábanse na adolescencia e a espiritualidade respectivamente[1], War centrouse nos aspectos físicos da guerra e nos efectos emocionais posteriores. Musicalmente tamén é máis duro que os discos anteriores. O álbum ten sido descrito como a gravación onde a banda "converteu o pacifismo nunha cruzada"[2].

War foi un éxito comercial, botando ao Thriller de Michael Jackson da cima da lista británica para converterse no primeiro número 1 de U2 no Reino Unido. Nos Estados Unidos acadou o número 12 e converteuse no primeiro álbum da banda con certificación de ouro. War recibiu críticas en xeral favorables, aínda que algúns xornalistas británicos criticárono. A banda promocionou o álbum coa xira War Tour ata finais de 1983. En 2008 lanzouse unha edición remasterizada do disco, e en 2012 foi colocado no posto 223 da lista de Rolling Stone dos 500 mellores álbums de todos os tempos.[3]

Lista de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por U2

Cara 1
N.º Título Duración
1. "Sunday Bloody Sunday"   4:38
2. "Seconds"   3:09
3. "New Year's Day"   5:37
4. "Like a Song..."   4:48
5. "Drowning Man"   4:12
Cara 2
N.º Título Duración
1. "The Refugee" (producida por Bill Whelan) 3:40
2. "Two Hearts Beat as One"   4:00
3. "Red Light"   3:46
4. "Surrender"   5:34
5. "40"   2:36
42:03
  1. Recensión de War na Rolling Stone (en inglés)
  2. Reynolds (2005), p. 367
  3. "500 Greatest Albums of All Time". Rolling Stone (en inglés). 2009-05-31. Consultado o 2024-08-30. 

Bibliografía

[editar | editar a fonte]