Adam Clayton
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Adam Charles Clayton 13 de marzo de 1960 Chinnor |
| Educación | St Columba's College, Dublin (en) Mount Temple Comprehensive School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | baixista, actor, cantautor, músico |
| Período de actividade | 1976 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Música rock |
| Instrumento | Baixo e guitarra |
| Selo discográfico | Island Records |
| Premios | |
Adam Charles Clayton, nado o 13 de marzo de 1960, é un músico coñecido por ser o baixista da banda irlandesa de rock U2. Viviu no condado de Dublín dende que a súa familia se trasladou a Malahide en 1965, cando tiña cinco anos. Clayton é coñecido polo seu baixo en temas como "New Year's Day", "Bullet the Blue Sky", "With or Without You", "Mysterious Ways", "Get on Your Boots" e "Magnificent". O seu traballo en No Line on the Horizon foi citado como a súa mellor contribución ao baixo. Adam ten traballado tamén en varios proxectos en solitario ao longo da súa carreira, como o seu traballo co seu compañeiro Larry Mullen Jr. no tema da película de 1996 Mission: Impossible. Clayton, como parte de U2, leva gañados 22 premios Grammy.