Larry Flynt
Aparencia
(2009) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de novembro de 1942 Salyersville |
| Morte | 10 de febreiro de 2021 Os Ánxeles |
| Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
| Residencia | Hollywood Hills |
| Relixión | Ateísmo |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Edición, emprendemento e pornografía |
| Ocupación | editor, xornalista, político, autobiógrafo, emprendedor, actor de cinema |
| Período de actividade | 1965 |
| Partido político | Partido Demócrata |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Armada dos Estados Unidos de América |
| Familia | |
| Cónxuxe | Althea Flynt (1976–1987), morte do cónxuxe |
| Cronoloxía | |
| 6 de marzo de 1978 | tentativa de asasinato |
| Sitio web | larryflynt.com |
Larry Claxton Flynt, Jr., nado Salyersville (Kentucky) o 1 de novembro de 1942 e finado o 10 de febreiro de 2021 nos Ánxeles, foi un editor estadounidense á cabeza da compañía Larry Flynt Publications, que produce principalmente material pornográfico, incluíndo vídeo e revistas, sendo Hustler a máis coñecida de todas elas. A compañía ten unha facturación anual que rolda os 150 millóns de dólares[Cómpre referencia]. Ao longo da súa vida, Larry Flynt tomou parte en varias batallas legais relacionadas coa primeira emenda da constitución dos Estados Unidos e presentouse á presidencia varias veces. Sufriu dun trastorno bipolar e quedou paralizado de cintura para abaixo debido a un intento de asasinato.