Lalo Vázquez Xil
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de maio de 1927 Cerdedo-Cotobade |
Morte | 20 de xuño de 2016 (89 anos) Vigo |
Formación profesional | Licenciado en Educación Física e Ciencias da Información. |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | Historiografía, humor. |
Familia | |
Cónxuxe | Celia García Martínez |
Bernardo Miguel Vázquez Xil (Lalo), nado en Cerdedo-Cotobade o 27 de maio de 1927 e finado en Vigo o 20 de xuño de 2016, foi un poeta, debuxante, xornalista, pintor, escultor, crítico de arte e escritor galego, cronista oficial da cidade de Vigo.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre Nacional, licenciado en Educación Física e licenciado en Ciencias da Información, dirixiu El Pope, Galicia Deportiva e o Boletín de Información Municipal de Vigo onde foi xefe de prensa e xefe de relacións públicas. Dirixiu o Museo Municipal Quiñones de León. Traballou nos xornais El Pueblo Gallego, Faro de Vigo e Atlántico Diario e nas emisoras La Voz de Vigo e COPE.
Obra
[editar | editar a fonte]Algunhas das súas publicacións son:[2]
- Cousas de Gorechiño, 1978, autoedición.
- Los tesoros de la Ría de Vigo, 1985.
- Vigo, camp, 1985, Concello de Vigo.
- Vigo, honras, títulos e símbolos, 1986.
- Retrincos da historia de Vigo, 1989.
- As rúas de Vigo, 1991, Ediciones Cardeñoso.
- El humor gallego en los medios de comunicación, 1992, Cardeñoso.
- A da alba sería (aventuras de D. Quixote en Galicia), 1996, Edicións do Cumio.
- Vigo, personajes e paisaxes, 1997, Ediciones Cardeñoso.
- Historia dos monumentos de Vigo, 1999, Concellería de Cultura.
- Una tumba para el recuerdo, 1998, Instituto de Estudios Vigueses.
- Historia de Vigo nos seus documentos, 1999, Concellería de Cultura.
- Vigo: cielo, tierra y mar, 2003, Hércules de Ediciones.
- Bouzas memoria y recuerdo, 2004, Concello de Vigo.
- Diccionario da Reconquista, 2005, Concello de Vigo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Muere Lalo Vázquez Gil, cronista oficial de Vigo» Atlántico Diario, 20/6/2016 (en castelán).
- ↑ Catálogo Arquivado 11 de setembro de 2019 en Wayback Machine. da Biblioteca Nacional de España.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bernardo Miguel Vázquez Gil en Galegos.info
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego / O Correo Galego. p. 581. ISBN 84-8064-113-4.
Predecesor: Xosé María Álvarez Blázquez |
Cronista de Vigo |
Sucesor: Ceferino de Blas |