Saltar ao contido

Lago Urmia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaLago Urmia
(fa) دریاچه ارومیه Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoLago hipersalino
Reserva da biosfera Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaIrán Editar o valor en Wikidata
División administrativaAzerbaijão Ocidental, Irán (pt) Traducir e Azerbaijão Oriental, Irán (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 37°39′43″N 45°24′18″L / 37.662, 45.405
Afluentes
Conca hidrográficaUrmia basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.270 m Editar o valor en Wikidata
Profundidade16 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións55 (ancho) × 140 (lonxitude) km
Superficie5.200 km² Editar o valor en Wikidata
Superficie da cunca hidrográfica50.000 km² Editar o valor en Wikidata
Sitio Ramsar
Reserva da biosfera  
IdentificadorEntrada: en.unesco.org… Editar o valor en Wikidata
Medicións
Salinidade85 ‰ Editar o valor en Wikidata
Volume físico45 km³ Editar o valor en Wikidata

O lago Urmia (en persa: دریاچه ارومیه; en azarí: Urmiya gölü; en kurdo: Gola Urmiyê, en armenio: Ուրմիա լիճ, Урмия лич или Կապուտան - Капутан, ou lago Azul) é un lago salgado endorreico de Irán,[1][2] situado entre as provincias de Acerbaixán Occidental e Acerbaixán Oriental. Na súa máxima extensión, era o lago máis grande do próximo oriente e o sexto lago salgado máis extenso da Terra, cunha superficie de aproximadamente 5200 km², unha lonxitude de 140 km e un largo de 55 km.[3]

A finais de 2017, o lago reducírase ao 10 % da súa superficie anterior debido á persistente seca en Irán, pero tamén ás represas dos ríos locais que chegan ao lago e ao bombeo das augas subterráneas nas áreas circundantes.[4]

Descrición

[editar | editar a fonte]
Diminución da superficie do lago Urmia.[5]

O lago recibe o nome da cidade de Urmia, nome arameo que quere dicir «cidade da auga». O seu nome en persa era Shishast. A rexión occidental pertenceu ao reino de Armenia e o nome en armenio era Kaputan. No século VIII a rexión en que se atopa foi islamizada e contra 1930 o xa Reza Pahlavi cambioulle o nome a Rezaiyeh (ریاچهٔ رضائیه), mais o nome foi eliminado trala revolución islámica de 1979.

Ten 102 illos que son centros de aves migratorias. Na illa Shahi, a segunda máis grande, sitúase a tumba do khan mongol Hulagu, neto de Xenxis Khan.[6]

O lago perde por evaporación case un metro cada ano. Na auga non hai peixes polo seu alto índice de salinidade; non obstante, o lago Urmia está considerado un dos maiores hábitats naturais de Artemia salina, que serve como fonte de alimentación a numerosas aves migratorias, como os flamengos.

A maior parte do lago é un parque nacional e unha reserva da biosfera da Unesco. O 23 de xuño de 1975, 483 000 hectáreas foron declaradas Sitio Ramsar (n.º ref. 38).[7]

  1. Henry, Roger (2003) Synchronized chronology: Rethinking Middle East Antiquity: A Simple Correction to Egyptian Chronology Resolves the Major Problems in Biblical and Greek Archaeology Algora Publishing, Nova York, páx. 138, ISBN 0-87586-191-1
  2. E. J. Brill's first encyclopaedia of Islam, 1913–1936, vol. 7, page 1037 citando Estrabón e Ptolomeo.
  3. "Britanica". Britannica.com. Consultado o 4 de setembro de 2011. 
  4. "Saving Iran's great salt lake". Science. 2 de setembro de 2015. 
  5. Yazdani, Pedram (7 de marzo de 2016). "Cuando el agua desaparece". El País (en castelán). 
  6. Vázquez, Renata (28 de novembro de 2009). "El lago Urmía agoniza". La Vanguardia (en castelán). 
  7. "Lake Urmia [or Orumiyeh]". Ramsar Sites Information Service. Consultado o 25 de abril de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]