Polo (indumentaria)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un polo de Lacoste.

Un polo é unha peza de vestir de punto, para o tronco, que chega até a cintura, e ten a mesma forma que unha camisa de manga curta.[1]

Tipicamente ten unha abertura dianteira con dous ou tres botóns para axustar no colo, que ás veces se substitúen por unha cremalleira; pode ter tamén un pequeno bolso.

É unha peza tanto do vestiario masculino como do feminino. Na moda actual, para os homes, este tipo de peza está considerada como máis informal que unha camisa, pero máis de vestir que unha camiseta.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome polo vén de que é a peza usada polos xogadores deste deporte. O nome vén do inglés, que á súa vez o tomou do tibetano pholo, que significa pelota.

Historia[editar | editar a fonte]

O polo foi inventado polo tenista francés René Lacoste (1904–1996), alcumado O Crocodilo, como camisa para xogar a aquel deporte. Á súa retirada das competicións, en 1933, fundou, con André Gillier, a empresa de roupa La Chemise Lacoste (hoxe Lacoste). André Gillier foi realmente o inventor do polo e do tecido de punto que lle deu a fama a esta marca.

Moi de moda nos anos 1990, séguese usando como camisa deportiva.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kapferer, Patricia, e Tristan Gaston-Breton (2002): La Légende Lacoste. Le Cherche Midi. ISBN 2-86274-911-7
  • Kapferer, Patricia, e Tristan Gaston-Breton (2008): Le Style René Lacoste. L'Équipe. ISBN 2-915535-69-8
  • Surhone, Lambert M., Miriam T. Timpledon e Susan F. Marseken (2010): Polo Shirt. VDM Verlag Dr. Mueller e.K. ISBN 6130428464

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]